sábado, 18 de julio de 2009

BISCOITO DE CENORIA

INGREDIENTES
Para a masa
6-7 cenorias grandiñas ben picadas (picadora), uns 400 gr.
4 ovos medianos.
100 gr de manteiga ou aceite.
280 gr de fariña de reposteria (non estaría mal que unha parte fose integral).
180 gr de noces ben picadas (coa picadora).
300 gr de azucre moreno. Pode ser un pouco máis.
2 culleradas de postre de canela moída.
4 culleradas de postre colmadas de levadura tipo royal (un sobre).
1 culleradiña de bicarbonato sódico.

Para a cuberta
200 gr. de queixo Philadelphia
200 gr. de manteiga
1 culleradiña de azucre avainillado
3 culleradas de azucre glace (ou un pouco máis, a gusto)

REALIZACIÓN
Da masa
1.- Nun bol poñemos a fariña xunto á levadura previamente tamizadas e o bicarbonato sódico, a canela e integramos ben.
2.- Batemos os ovos hasta conseguir o punto espumoso (pode ser co batedor eléctrico), engadirlle o azucre e bater. A esta mestura engadímoslle a manteiga derretida ou o aceite (continuar co batedor manual).
3.- Pasamos os ingredientes secos ao bol onde temos o líquido e mesturamos ben o conxunto.
4.- Cando o anterior estea ben integrado, engádeselle as cenorias e as noces, integramos ben.
5.- Nun molde previamente enmanteigado e enfariñado poñemos a masa e metemos no forno previamente prequentado a 200º con calor arriba e abaixo máis ou menos 25 minutos. Logo baixamos a temperatura a 180º e poñémolo no ventilador (sobre 20 min, este tempo é perfecto para o meu forno). Controlar e asegurarnos de que estea feito pinchando no centro e comprobando que a agulla sae limpa.
Da cuberta
Ablandar un pouco a manteiga a temperatura ambiente (sacala con tempo da neveira ou metela uns segundos no micro ata que abalande, non líquida). Mezclar ben tódolos ingredentes hasta obter unha crema fina y homoxénea (coa batedora queda máis homoxénea e fina). Untar toda a parte exterior do biscoito con ela (cando estea frío).



1 comentario:

  1. Parabéns polo blog! Está moi,pero que moi ben. Gracias a ti puiden facer un dos meus biscoitos favoritos! E non quedou nada mal :p
    Saúdos dende Bélxica!

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...