domingo, 19 de julio de 2009

GALLETAS CON CHOCOLATE

Vin estas galletas por aí, caíanme os ollos ao velas, pero a min non me quedaron coma as dos demais, non sei en que puiden fallar. Fixen dous intentos, no primeiro fun fiel a algunha das tantas que vin, na 2ª xa puxen da miña parte e saíron mellor. Aínda así non están como eu quería. Nas fotos doutros blogues son tal cual as do paquete, as "american cookies". Terei que probar máis veces, pero moito me temo que seguirán sen ter esa apariencia tan "de paquete". De todos xeitos, estaban boas, que é o que conta, non?
Nalgunhas receitas introduzo algunhas notas, que son as miñas humildes reflexións e conclusións tras o proceso.
Ingredientes:
- 150 grs. azucre moreno
- 150 grs. azucre normal
- 125 grs. manteiga
- 2 Ovos
- 1 cullerada de extracto de vainilla
- 340 grs. de fariña de trigo
- 1 culleradiña de Bicarbonato
- 150 grs. de chocolate chips (pezas de chocolate) ou outro chocolate (córtase en anaquiños xenerosos)
- Noces ao gusto


Preparación:
Paso 1.-. Poñer os azucres e a manteiga nun bol e mesturar ata que estea cremoso. Poñer os ovos e mesturar ata que estea ben feita a mestura. Poñer a fariña, vainilla, e bicarbonato ( e un pouco de sal se a manteiga é sen sal). Mesturar todo ben. Engadir o chocolate e noces e mesturar ata que estean ben incorporados.

Paso 2.- Prequentar o forno a 180º (arriba e abaixo). Formar bólas (tamaño trufas) e poñer nunha bandexa de forno con papel de forno (non deberían pegarse coa manteiga). Poñer a cantidade que se poida para que haxa un espazo duns 5 cm. entre eles (se non se unen). Fornear uns 8-10 min. (eu 10 min.)



Este foi o resultado

Notas:
Quedaron mal, moi aplastadas, demasiado doces e paseime co forno porque me parecía que estaban moi blandas.
Poñer menos azucre.
Probar mellor así: Empezar polos ovos batidos, engadir o azucre e logo a manteiga a temperatura ambiente. Machacar cun garfo e mesturar ben. Logo engadir a fariña. A masa está moi blanda, para poder manexala mellor metela na neveira ou no conxelador. Así a manteiga endurécese e manéxase mellor.
Poñer máis levadura porque non medraron nada.
Chega con que estean 10´ no forno. Teñen que estar blandas ao sacalas, logo xa endurecerán.

2º intento
Ingredientes:
- 100 grs. azucre moreno
- 100 grs. azucre normal
- 125 grs. manteiga
- 2 ovos
- 1 culleradiña de azucre vainilla
- 350 grs. de fariña de trigo - 1 culleradiña de Bicarbonato sódico.
- Un sobre de levadura Royal.
- 150 grs. de chocolate en anaquiños.
Teñen algo de mellor pintiña cás primeiras

Preparación:
Paso 1.- Empezar polos ovos batidos, engadir o azucre e logo a manteiga a temperatura ambiente. Machacar cun garfo e mesturar ben. Logo engadir a fariña, o bicarbonato sódico e a levadura. A masa está moi blanda, para poder manexala mellor metela na neveira ou no conxelador. Así a manteiga endurécese e manéxase mellor.
Paso 2.- Prequentar o forno a 180º (arriba e abaixo). Formar bólas (tamaño trufas) e poñer nunha bandexa de forno con papel de forno (non deberían pegarse coa manteiga). Poñer a cantidade que se poida para que haxa un espazo duns 5 cm. entre eles (se non se unen). Poñelas no medio ou do medio para arriba. Deben estar uns 8-10 min. (se se deixan os 10´están máis tostadiñas.
Notas:
Non acaban de saír como eu quero. Non saíron cuarteadas (¿será por non poñerlle todo o azucre?).
A primeira fornada púxeno na parte biaxa do forno e queimáronse polo fondo.
A segunda púxena no medio, e mellor.
As dúas últimas púxenas no máis alto e ben tamén.
Esta vez non quedaron apalastadas coma a primeira. Pode ser por poñerlle máis levadura, non sei se será de máis.
Non están tostadiñas e duras, están brandiñas. Se as deixara máis queimaríanse.
Estiveron sobre 8 minutos. Da última formada estaban máis crujientes.

1 comentario:

  1. Seguro que están buenísimas, da mucha rabia si no salen como uno quiere, no te amargas. Pero esto nos pasa a todas. Un beso

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...