jueves, 30 de julio de 2009

PASTEL DE VERDURAS CON XAMÓN E QUEIXO

Como non, tamén é copiado do blogue chocolate y pimienta, que á súa vez copiouno doutro. Elas chámanlle Fornatta (non investiguei o significado do nome), pero como eu non lle encontro sentido, pois bauticeino co nome do que se ve.
Estamos en tempada de calabacín e de tomates, entón adícome a navegar pola rede na procura de receitas que inclúan estes ingredientes. Hai moitas, pero só me quedo con aquelas que me chaman a atención, que é o caso.
A verdade é que a receita da envidia vela nas fotos, pero, persoalmente, atopei bastantes dificultades ó facela. Polo que, primeiro vou poñer a receita tal e como a fixen e logo os cambios que teño que recordar, en caso de que a volva a facer. Así e todo, era comestible e estaba rica, pero cambiaría varias cousas para estar máis ó noso gusto.
A receita orixinal era só de verduras, pero engadinlle xamón e queixo para darlle máis substancia, era para o xantar e queríamos algo máis consistente.


Ingredientes
1 calabacín (depende como sexa, o que puxen era bastante grande e sobrou)
4 patacas medianas (tamén me sobraron)
4 tomates maduros medianos
4 lonchas de xamón serrano
4 lonchas de xamón cocido
8 lonchas de queixo (tamén estaría ben, rilado)
4 ovos
100 ml de nata (ou leite)
Manteiga para engraxar o molde.
Sal, pementa e perexil


Elaboración
- Cortamos en rodaxas finiñas o calabacín. Se o facemos co coitelo podemos eternizarnos e ademais non quedan tan finiñas. Corteinas cun relador que ten unha cuchilla alongada, senón cunha mandolina (pero este aparello non o ten calquera. Hoxe descubrín que o meu relador ten unha parte para cortar rodaxiñas finiñas).
- Facemos o mesmo coas patacas. (Neste punto o meu consello é que non se corte demasiada cantidade e se logo ó final vemos que non chega, con cortar máis, listo)
- Tamén facemos o mesmo co tomate, pero esta vez co coitelo porque senón desfaise ó estaren os tomates maduros. No meu caso quiteilles a pel e algunhas pebidas.
- Batemos os ovos coa nata ou co leite, o sal, a pementa e o perexil (quedan esperando o seu turno).
- Procedemos a poñelo todo no molde de 30x12: 1º engraxamos ben todo o molde (con manteiga). Logo empezamos coas capas: 1º unha de calabacín tapando todo o fondo. Despois de pataca. Logo de tomate. Encima xamón serrano e de última a de queixo. Procedemos con este orde das capas ata rematar os ingredientes. Non puxen todas de xamón serrano, alternei con xamón cocido. A última capa non deixei que fose de queixo. Despois do queixo puxen: calabacín, pataca, calabacín (puiden xa deixalo na de pataca). Cando imos poñendo as capas podemos ir salgando un pouquiño (onde estea o xamón serrano non fai falta)
- Por último bañamos todo coa mestura de ovos e nata (leite)
- Metémolo no forno prequentado a 200º durante máis dunha hora (hora e cuarto, máis ou menos)


Cambios para a próxima vez que o faga.
Ingredientes

1 calabacín (depende como sexa, o que puxen era bastante grande e sobrou)
4 patacas medianas (tamén me sobraron)
4 tomates maduros medianos
4 lonchas de xamón serrano (substituireinas por xamón cocido, faise moi forte)
4 lonchas de xamón cocido
8 lonchas de queixo (tamén estaría ben, rilado)
4 ovos
100 ml de nata (ou leite)
Manteiga para engraxar o molde.
Sal, pementa e perexil
Elaboración
- Cortamos en rodaxas finiñas o calabacín. Se o facemos co coitelo podemos eternizarnos e ademais non quedan tan finiñas.
- Facemos o mesmo coas patacas. Non cortar demasiada cantidade, se vemos que non enchemos ben o molde co que cortamos en un principio, imos cortando a medida que nos fai falta.
- As patacas e o calabacín antes de metelos no molde pasareinos polo micro cun pouco aceite para que se cociñen un pouco porque senon tardan demasiado tempo en facerse no forno. De feito a pataca, a pesar de ser finiña, estaba “al dente”.
- Tamén facemos o mesmo co tomate, pero esta vez co coitelo porque senón desfaise ó estaren os tomates maduros. No meu caso quiteilles a pel e algunhas pebidas.
- Batemos os ovos coa nata ou co leite, o sal, a pementa e o perexil (quedan esperando o seu turno).
- Procedemos a poñelo todo no molde de 30x12: 1º engraxamos ben todo o molde (con manteiga). Logo empezamos coas capas: 1º unha de calabacín tapando todo o fondo. Despois de pataca. Logo de tomate. Encima xamón cocido e de última a de queixo. Procedemos con este orde das capas ata rematar os ingredientes. A última capa non pode ser de queixo. Despois do queixo poñer: calabacín, pataca. Cando imos poñendo as capas podemos ir salgando un pouquiño.
- Por último bañamos todo coa mestura de ovos e nata (leite)
- Metémolo no forno prequentado a 200º (o tempo teremos que velo porque ó estar algo cociñados os clabacíns e as patacas, seguro que non fará falta que estea tanto tempo no forno)
- Facelo con tempo e comelo temperado. Desmoldámolo quente e así “espachurrouse” un pouco, se deixáramos que amornara o desmoldado sería máis bonito.

2 comentarios:

  1. Casualmente ayer hice un pastel de berenjenas con pollo y conejo( aprovechamiento total)que resultó delicioso. Me apunto este que seguro nos va a encantar en casa.
    un biquiño

    ResponderEliminar
  2. Alégrome de que che gustara. Se o fas xa contarás.Bicos guapa

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...