sábado, 13 de febrero de 2010

PAN DE VIENA

E vai de pan...
Vinlle este pan a Lola de Chez Dashita e outro día fixo a mesma masa, aínda que con outra presentación, Onega de Magia en mi cocina. As dúas o copiaron do libro “Panes” de Richard Bertinet, teño que comprar ese libro. Ámbolos dous blogues téñenme totalmente enganchada e fascinada, fan auténticas delicias.
Ademais Onega facilítanos a dirección dun vídeo do autor coa forma de amasado e como darlle forma ós pans. Encantoume o vídeo e paréceme moi útil. Grazas Onega, non o perderei de vista.
Cando era pequena miña nai preparábame uns bocatas con un pan parecido a este con xamón cocido, moito me gustaba. Hoxe cando os saquei do forno tiven que ir comprar o xamón cocido e trasladeime á nenez por un instante.




Ingredientes:
250 gr. de leite enteiro morno (como non teño leite enteiro, puxen metade de leite desnatado e a outra metade de nata)
15 gr. de fermento fresco ou 3 gr de levadura seca en po.
500 gr. de fariña de forza
60 gr. de manteiga a temperatura ambiente
40 gr. de azucre
10 gr. de sal
2 ovos e outro para pincelar




Elaboración- Sacar a manteiga con tempo para que se vaia abrandando un pouco.
- Xuntar a levadura coa fariña, se fose fresca habería que fregala fariña co fermento coa axuda das xemas dos dedos coma se estivese preparando unhas faragullas.
- Cortar a manteiga en anaquiños e fregala tamén coa fariña ata que estea ben integrada.
- Quentar un pouco o leite no micro, só a temperatura corporal.
- Engadir o azucre e o sal e mesturar. Logo engadir os ovos batidos e o leite. Soster o conco cunha man mentres lle dá a volta e mesturar os ingredientes coa outra (pódese usar unha rasqueta para mesturar, pero eu non teño) durante 2-3 minutos, ata que a masa comece a formarse.
- Pasamos a masa á superficie de traballo, sen fariña nin nada. Está pegañenta, pero é perfectamente manexable ( a miña non era tan pegañenta como se ve no vídeo, pero creo que foi porque a traballei máis no recipiente)



- Traballei a masa tal como di no vídeo. Cando rematei suaba a chorro.
- Quedará unha masa homoxénea e manexable.
- Enfariñar lixeiramente a superficie de traballo, colocar a masa encima e formar con ela unha bóla, levando os extremos cara ao centro da masa, presionar ben cara abaixo co polgar e ir rotando a bóla a medida que se traballa. Dar a volta á bóla, estirar e esconder os bordos cara abaixo.
- Seguidamente depositar a bóla de masa no interior dun recipiente lixeiramente enfariñado, cubrir cun pano de cociña e deixar repousar nun lugar ao resgardo de correntes de aire (dentro do forno apagado, por exemplo), ata que dobre o seu volume (unhas 2 horas).


- Unha vez repouse a masa, envorcala sobre a superficie de traballo con suavidade.
- Desgasificar a masa, presionando a masa cara abaixo.
- Cortala masa nos anacos que se queira, depende de como se queiran os pans. Eu fixen 10 e completos.
- Darlle forma: Aplanar cada anaco formando un rectángulo. Dobrar a metade da masa cara ao centro presionando cos dedos. Dobrar o outro lado cara ao bordo presionando tamén cos dedos, formando unha especie de rulo. Volver a aplanar e dobrar pola metade lonxitudinalmente e deixar o pregue pola parte de abaixo.
- Pódenselle facer cortes ou non, eu fíxenllos a uns e a outros non, quedaron máis bonitiños os dos cortes.
- Deixar repousar por segunda vez ata que volva dobrar o volume (outras dúas horas).
- Pincelar con ovo batido, se se quere.
- Meter no forno prequecido a 180º. Cando os metín dentro baixeino a 170º. Estiveron 20 minutos. Os últimos cinco minutos con papel de prata por encima para que non se tostar de máis. Pode alguén crer que o meu forno non ten a opción de só abaixo?
- Quedan deliciosos, tenros, esponxados. Ideais para unha merenda ou un almorzo. Penso que son ideais para as merendas dos nenos, seguro que ningún rechista con este delicioso pan.
Ademais é máis nutritivo que o pan común.



30 comentarios:

  1. Si soy prime me llevo dos, pero no me des el mordido, eh!! ji,ji. Que pasada, te han quedado de maravilla. En la foto se ven buenísimos, al final lo voy a tener que probar. Besitos y buen día de San Valentin

    ResponderEliminar
  2. Madre mia que maravilla de pan!! La miga lo dice todo, tiene que estar súper esponjoso. Debe ser parecido a pegarle un bocado a una nube! Fantástica esta receta. Enhorabuena.
    Un besiño.

    ResponderEliminar
  3. ,... se che digo que lle tiña botado o ollo a éste pan igual non no crees, chámame moito a atención, e mira por onde agora véxocho a ti ;-) ,... non dibudes que o vou facer, e se me quedea a mitade de xeitosiño co teu dareime por satisfeita !!!! a miga, o corte dino absolutamente todo!!! Noraboa pola entrada,... de matrícula de honor,..

    bo fin de semán!!

    un biquiño

    ResponderEliminar
  4. Caldebarcos menudas manos tienes!!! te han quedado estupendossssss. Se ve deliciosa la miga y a que estan blanditos??? estan de vicio..yo los corto y los congelo y despues en un minuto o menos en el micro siguen estando buenos. Te felicito!!
    y... gracias por mencionarme, te agradezco el enlace.

    ResponderEliminar
  5. Marìa Xosé, felicitote porque fixeches un pan que é xa unha delicia mirar pra él. Comelo ten que ser, e nunca millor dito, un cachiño doce. Encantame a miguiña que ten, vese tan tenra e tan esponxosa, que creo que non me farìa falla meterlle fiambre algún, só simplemente, ten que estar boisimo.

    biquiños rula :)

    ResponderEliminar
  6. Gracias chicas por vuestros encantadores comentarios.
    Carmen, lo confieso están buenísimos.
    Kanela pruébalos ya verás y son fáciles de hacer.
    Nytta, créocho ben, que lle tiveras o ollo botado, estes son talmente a túa especialidade, e hache e quedar de marabilla que ti as masas bórdalas.
    Lola, están de vicio, tuve que meterlos en el congelador porque me daba miedo comérmelos todos. Ya tengo metido otras masas y quedan genial, como frescos, con 40 sg de micro, como recién hechos.
    Biquiños, así da gusto facer cousas

    ResponderEliminar
  7. Merchi, si, si, sin nada, xa están bos, pero con nocilla ten que ser fantástico. Fun recatada, so comprei o xamón cocido, a nocilla so pensei nela, jeje.
    Bicos guapa

    ResponderEliminar
  8. Que pasada!!!parecen comprados!te han quedado perfectos, me los copio, que sudar tampoco me viene mal :D el libro de bertinet tiene que ser la caña, si, su de webos fritos tambien lo meciona mucho...en la casa del libro no lo tienen, asi que tocara comprarlo en la web...
    biquiños!

    ResponderEliminar
  9. Bueno, bueno... no te podían haber quedado mejor..¡es imposible!. Tú versión en bollos de viena está maravillosa, me encanta. Se ve una miga esponjosa, liviana y mullidita... ¡qué bien que te ha salido tan bien!
    Desde que hice estos panes he estado pensando que la forma de amasado influye y mucho en el resultado final. No sé... queda la miga distinta, se ve que está bien trabajada. Yo, prefiero amasar al estilo Richard Bertinet, le he pillado el truco y quedan unas masas maravillosas y el resultado todavía mejor.
    En el libro, Bertinet hace con esta misma masa varias versiones, una de ellas son bollos de leche (que por cierto, no tienen nada que envidiarte los tuyos) incluso me gusta más cómo te han quedado a tí.
    A mí, como me salieron dos pedazo panes de molde, uno lo usé para tostadas de carnaval y el otro lo corté en rebanadas y al congelador. Lo he ido sacando para el desayuno del fin de semana y nos hemos puesto las botas toda la familia... ¡¡riquísimo!! así que en mi casa va a ser un pan a tener muy en cuenta. Por cierto, gracias por mencionarme en tu post. Eres un cielo.
    un beso

    ResponderEliminar
  10. que pasada.que delicia.y asi con el jamoncito,mmmm

    ResponderEliminar
  11. A pesar de haberme levantado temprano para preparar la laconada que tenemos hoy en casa, todavía no he desayunado y nada más ver estos panes viena me ha dado un des....
    ma....
    yo.....
    son fantásticos. Un biquiño

    ResponderEliminar
  12. Susana, a verdade é que a min tamén me sorprendeu o resultado. TI cres que non atoparemos o libro nas librerías?NOn che son moito de comprar por internet.
    Onega, tienes razón, parecen panes de leche, no sabía como llamarles y como Lola les llamó así pues me decidí a hacerlo. Yo amaso así des hace un tiempo, desde el roscón, de hecho, tengola referencia del vídeo en el roscón y es el mismo procedmiento, pero en el de RB está mejor explicado, se ve mejor. La verdad es que internet nos ayuda tanto. Yo también haré con frecuencia este pan para tennerlo en el congelador porque es una auténtica maravilla.

    Espe, prueba, prueba ya verás como a tu nene le encantan los bocatas.
    Pilariña non te me desmaies,agora mesmo che mando un par. QUen me dera disfrutar desa laconada, como me ía a poñer.
    BIquiños para todas e grazas polas vosas palabras

    ResponderEliminar
  13. Dia a dia te superas!. Lo que veo siempre me apetece y cada vez abro más la boca (de admiración y de ganas de que algo de lo que veo me la rellene!)
    Muchos aplausos y un bico!

    ResponderEliminar
  14. Q boa pinta ten MªJosé! da gusto comer algo que che recorde á nenez...a min pasame cando tomo pan con Natacha e azucar!!ñam...ñam...
    Bicos!

    ResponderEliminar
  15. Qué maravilla de pan! A min tamén me trae recordos moi bos da nenez. Están de 10 sobre 10!!
    Moitos biquiños guapa!!

    ResponderEliminar
  16. maria josé , date por copiada ,esto lo hago yo mañana mismo !!!

    biquiños!!!

    ResponderEliminar
  17. Da túa nenez... as merendas dos meus pequenos, como ten que estar con nocilla ou manteiga. A miña avoa faciamos con manteiga e azucre por riba... Lembranzas lexanas...
    ¡Encantoume a túa explicación!
    Biquiños e ata a volta María José.

    ResponderEliminar
  18. Que no hagas más panes, que me das mucha envidia!!!!! O por lo menos, mándame una cachiño que yo te dé el visto bueno!!! Ains...., no sé qué voy a hacer contigo! De momento, mandarte un besito y desearte una feliz semana!

    ResponderEliminar
  19. Que maravilla de pan, quedouche perfeito. A min me encanta este pan de viena tan esponxoso e suave e toda unha delicia.

    Bicos

    ResponderEliminar
  20. Pooooooooo dioooooooos pooooooo diooooooooos que pecaooo mae , xiquila aun no he tenio tiempo de poner tus bollos suizos en el blog y ya los he exo tres veces no veas el exito que tienen y no he necesitao congelalos nunca pues desaparecen como por arte magia jajaa.
    Ahora este otro pan xiquiiiiii que no voy a pode entra a visitarte tooo se me antoja ,amos no me pongo ya mismo con ellos poque toi cansadisima de aye y mañana toca de nuevo salir en el desfile ,pero palabrica que estos no quedo sin hacerlos ,volvere a ver el video de como amasar pues segun se amase queda la masa mas o menos esponjosa y una imagen vale mas que mil palabras ,aunque tu lo has esplicado supermegabien.
    Me voy hace la cena y estar entretenia que si no soy capaz de ponerme hacelos jajaa.
    Bicos mil wapa

    ResponderEliminar
  21. oooooooooooooooooooooooooooooooh!! qué maravilla!! yo me los comís también con jamón..jajaaj y mantequilla!! jajaj bueno, tulipán creo!! jajaja
    te han quedado fantásticos!! la miga maravillosa... si te hablo de natojos me das ración doble?? jajaja
    mil besos preciosa

    ResponderEliminar
  22. Hola Maria Jose .... me has dejado boquiabierta .....¡¡¡Diosssssss que maravilla de pan!! la miga lo dice todo....tiene que ser súper esponjoso.....me dan ganas de pegarle un muerdo a la pantalla del ordenador ....plas...plas...plas..... un besito guapa

    ResponderEliminar
  23. Estos panecillos te han quedado fenomenales. Me han dado ganas de hacerlos. La miga se ve deliciosa, esponjosita y suave. Seguramente van bien con todo. Pensé que te había dejado una nota antes :)
    un abrazo,

    ResponderEliminar
  24. Te ha quedado estupendo. Ni en la mejor panadería!
    Manda un cachiño porfa!
    Besos

    ResponderEliminar
  25. Hola maria josé, esta misma tarde hice tus panes, de sabor divinos, me quedaron esponjosos pero.... la forma ... no tienen nada que ver a los tuyos, me salieron espachurraos, fijate que por lo que note... creo que tenían demasiada levadura, te lei dos sobres de levadura seca, pero la marca es vahiré, y no sé si son los mismos gramos que la maicena, por lo que los repetiré poniéndole levadura fresca a ver que tal...
    de sabor deliciosos, me encantan, y estoy pensando en darle forma de croissan.. me han encantado,besos!!

    ResponderEliminar
  26. hola mi niña Mº José que bolliños tan deliciosos para una super merienda,,,con nocilla x ejemplo,,,o bien rellenos de lechuga y salmón con mayonesa y huevo duro

    ResponderEliminar
  27. Xa estaba abraiada co pan de pasas, pero con estes bolos aínda mais. Non hai masa que se che resista...

    Bicos.

    ResponderEliminar
  28. El pan de viena hace años que no lo como, tambien los comia como yu con jamon dulce, un saludo.
    JUAN

    ResponderEliminar
  29. De verdad, que piiiiinta! Si hasta aquí llega el aroma del pan de Viena acabadito de sacar del horno!
    PTNTS
    Dolça

    ResponderEliminar
  30. bueno, que fuerte, tengo el congelador lleno de bollos, por dios...
    he vuelto a repetir la receta, ahora con un sobrecito, salieron como debían, les hice cortes, intenté darles tu forma... pero ni por esas, los cortes han desaparecido... como un billete de diez euros en la puerta de mercadona! me salieron redondeados, como me pasa siempre.. pero ricos siguen estando ricos!! eso si , feos de narices, jajajajaa.

    besos

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...