sábado, 20 de febrero de 2010

PEITUGAS DE POLO RECHEAS DE XAMÓN E QUEIXO

Estiven revisando as últimas receitas e que aburrimento de blogue, son todas iguais, son todas de masas de levedar (menos os pementiños, que quedaron aí no medio os pobres). Creo que se me está vendo o plumeiro. Encántame amasar e gústame tanto a masa levedada... Así me estou poñendo eu, que tamén levedo. Entre o repouso que lle dou (porque non fago nada de exercicio) e a cantidade de masa levedada que lle meto ó corpo, pois levedo coma un roscón. Creo que se me abren son de masa.
A verdade é que só fago o que me apetece, como agora non podo facer doces pois, hala co pan!, que ó fin é o cabo masa é. Non cociño case nada salgado e o que cociño non é digno de ser visto, cocidiño e a pasar. Pero o outro día pensei que podía comer as peitugas diferentes e púxenme a probar. Cometín algún erro, que terei en conta para a próxima.


Ingredientes
1 peituga de polo
sal
2 lonchas de queixo
1 loncha de xamón (no meu caso era lacón, pero pode ser cocido, beicon, serrano, a gusto do consumidor)
200 ml de viño branco
1 culleradiña de aceite de oliva
Para a guarnición
2 cenorias
3 allo-porros

Preparación
- Abrése ben a peituga, sálgase e colócase na súa superficie unha loncha de queixo, unha de xamón e outra de queixo. Pódese salgar un pouco por fóra, hai que ter en conta tamén o que lle metemos dentro porque se é xamón serrano, por exemplo, necesitará menos sal.
- Enrolase a peituga e átase.
- Píntase o fondo da fonte con aceite de oliva. Metemos a peituga e as hortalizas cortadas en anacos e salgámolas un pouco.
- Rocíase todo co viño e métese no forno prequentado a 200º.
- Cal foi o meu fallo? Que ás cenorias cústalles bastante facerse. Entón ós 45-50 minutos quítase a peituga e déixase acabar de facer as cenorias. Para a próxima ou as cozo un pouco antes ou as pico máis finiñas en bastonciños, por exemplo. As hortalizas estiveron unha hora e cuarto.
- Cóllese parte das hortalizas coa salsa que quede e pásase polo batedor eléctrico.
- O puré ponse de cama e encima a peituga cortada. Acompañada do resto das hortalizas.



Creo que quedou un prato san, pouco calórico e saboroso



32 comentarios:

  1. ¿Aburremento? ¿Dónde?
    María, disfruto con todas tus recetas y por compañerísmo levedo contigo. ¡Con las delicias que muestras...!!! Siempre es un placer navegar en este cachiño doce.
    Y en el cachiño salgado... con estas pechugas de pollo rellenas, brillas como siempre reiniña.
    Unha aperta moi forte.

    ResponderEliminar
  2. Non vexo ni aburremento ni erro por ningures. A min pasame igualiño que Marisa, encantame vir a visitarte, e pasar un ratiño na túa cociña. Estase moi a gustiño por estes lares, e todo o que fas , asi como todo o que comentas, interesame. As peitugas quedaron reboas, muller...si da gloria mirar pra elas, e dichosa ti que as catache e lles fixeche dixestión jajajaja.
    E por certo, si hay que levedar contigo, eu tamén me apunto.

    Un biquiño e unha aperta moi grande, rula :)

    ResponderEliminar
  3. Aburiimentoooooo???Qué parva(con perdón)!!!
    Non digas bobadas, sabes ben que son das túas e as masas e o que máis me gusta, así que por mín ya estás dándolle ;)
    Estas peitugas deliciosas xa cho digo eu. Si me permites un consello, proba un día a que che abran en filetes muslo do polo en vez da peituga e ponlle bacon e queixo, verás, cágaste de bo!!
    Eu fagoos así e si tes un carniciro majiño e che abre e desosa os muslos verás ti ;)
    Moitos bicos, e ánimosssssssssssssssss!!!
    Muaaacsss, Pami!

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas as tres polas vosas palabras tan agarimosas, sodes uns amores.
    Marisa, grazas por navegar por aquí, sempre traes un aire fresco, e levedemos.
    Mechi,pois levedemos as tres. Grazas pola túas palabras que sempre reconfortan, eres un solete que brilla por onde pasa.
    Pami, ti si que sabes, guapa. Eses musliños ten que estar moi bos. Pero voute confesar unha cousa. Fai un anos o que máis me gustaba do polo era o muslo a peituga nin vela. Pero fai un tempo so son capaz de comer a peituga o muslo revólvemo o corpo, mira que son rariña. Aínda que así con beicon e co queixo, no forno creo que os ía comer sen rechistar, haste creo que non se me ía revolver o corpo. NOn o dudes, probareino, que todo consello que veña de ti e moi digno de ter en conta.
    Bicos gordos, gordos

    ResponderEliminar
  5. Ola María, as peitugas teñen unha pinta moi boa, así que a próxima vez que as compre vou probar a facelas deste xeito.
    Entrei no blog, buscando unha receita de biscoito de nata, teño un brick a puntito de caducar e quería darlle unha saída, pero non atopei, vou improvisar un pouco e se sae ben, digoche como o fixen.
    bicos
    belén

    ResponderEliminar
  6. Me encanta esta forma de preparar el pollo, te han quedado magníficas y con una salsita muy rica.
    Un besín.

    ResponderEliminar
  7. Maria estos rollitos de jamón y queso está para chuparse los dedos.

    Besitos

    ResponderEliminar
  8. wapa qué ricos madre!! yo las hago en verano pero las envuelvo en papel albal y las cuezo... y gual te sirve la idea para algo!! quedan buenísimas.. e incluso en frio están super buenas... eso sí.. con este frio me quedo con estas tuyas eh... al horno qué ricas y con verduritas!!
    por cierto, qué gracia lo de las masas..jajaj tienes unos puntos!!!
    mil besos

    ResponderEliminar
  9. Ayyyy que gracia fíxome leer o de que ti tamén levedas jajajjaj eu creo que chegamos todas a un punto que inda que non comamos levedamos igual, non?? eu creo que son os anos os que engordan.
    Quedáronte deliciosas as peitugas asi que de erros nada, boa conta daba eu delas que xa fai tempo que non as fago.
    Un biquiño moi forte.

    ResponderEliminar
  10. Con erro e todo, que boa pinta!!. Ti lle das a todos os paus!.
    De aburrimento nadiña, encantame ler as túas aventuras cas masas !!
    Bicos!

    ResponderEliminar
  11. Pero que preciosida,,,que buena pinta y que sanitas para AQUELLA DIETA,,BESITOS MI NIÑA,,ya me queda poco en nuestra tierra, tengo ya morriña

    ResponderEliminar
  12. Unas pechugas estupendas con un acompañamiento sencillo y muy rico, que pedir más!!! ya tocaba que nos preparraras algo sin leudar jaajajajaa, aunque leudante o no te sale todo estupendo guapaa.
    Besitossss

    ResponderEliminar
  13. Qué jugositas se ven estas pechugas, con el jamón y el queso se quedarían super, seguro.
    Un besito.

    ResponderEliminar
  14. ,... masas levadas ou non é sempre agradable pasar pola túa cociña,.. encántame as introduccións que nos pos, tan cercanas, tan túas,... as peitugas de pecado pecaminoso total, a miña nena gústanlle moito preparadas de forma moi similar,..sabes que lle boto a veces,, tortilla francesa moi finiña dentro tamén,.. vinlle a idea a Pilar(lechuza) e gustou moito.

    Un biquiño e bo domingo!!!

    ResponderEliminar
  15. Te han quedado geniales estas pechugas rellenas tienen una pinta deliciosa, yo también las hago rellenas y en frío están riquísimas tambien.Un beso

    ResponderEliminar
  16. Desde logo...pensar que aburres no blog! coa boa pinta que teñen as recetas! leveden ou non...estas peitugas son de ole!
    Un biquiño

    ResponderEliminar
  17. Pues a mi, cada vez me gusta menos amasar, te lo dejo todo para ti, jejejeje y, oye con masas o sin ellas, haces unas recetas deliciosas, además eso de que te guste amasar tiene mucho mérito porque no veas el trabajo que lleva
    Bueno, me llevo un par de pechugas que están diciendo cómeme, jejejje
    Bicos

    ResponderEliminar
  18. Ainssssssss pero gueno se ve que el Gallego no se me da na bien las cosas que acabo de leeer. Amossssss ¿aburri?... yo no me aburro naaaaa visitando tu cocina , po dioooooos en tal caso me marxo muy babaita que si eso penaliza , engaaaaa empieza a quitar puntos jis....jis.
    Me encanta que amases , levedes y hornees aunque estes a punto de ponerte como un roscon con tanta masiña dulce ,que bien te creo pues lo que he catao que te he copiteao esta de muerte y crea una adicion que ni pa que.
    Y no sera por curpa de la levadura que venga adultera jajaaa ,pos eso que me uno a levedar contigo que tambien me estoy poniendo roscon , pero que rico sienta jajjaa.
    Gueno las pexugas se ven divinisimaaaaaaaas y asin rellenitas de vicio xica ,yo antes las hacia en la xefo muy similares y envuelticas con beicon , amoooos mu ligth jajaja y estaban de vicio , asin que me copiteo tu recetica que es muxo mas sana y seguro esta bien rica tamien.
    La receta y presentacion de 10 points.
    Bicos mil y feli domingo wapa.

    ResponderEliminar
  19. Pero que pinta más rica tiene, y que bien te ha quedado de forma.
    Los panes de viena te los copio, a ver que tal quedan sin gluten, ya te contaré.
    Besitos.

    ResponderEliminar
  20. Hola Maria Jose que pechugas mas ricas y sabrosas has preparado .... y con un acompañamiento sencillo pero rico...por cierto .... ya tocaba que nos preparraras algo sin leudar jejejeje ....y leudante o no.... te ha salido bordado como todo lo que haces...un besito guapa

    ResponderEliminar
  21. que maravilla, de estas pechuguitas , mis hijos se pueden comer... uff las que les eche!! me encantan, y que bonitas se ven !!

    besitos

    ResponderEliminar
  22. Qué pollito más sano y más rico, guapa!!!! Me ha encantado! Pasa una feliz semana.

    ResponderEliminar
  23. Hola MARIJOSE solo con ver tus ricos, me rechupeteo, no puedo ofrecerte cosas de cocina,pero a cambio en mi blog puedes leer poemas.
    Para todas mi blog.

    cositas de loly

    BICOS

    ResponderEliminar
  24. Hola MARYJOSE me rechiflan tus ricos. Si te pasa por mi blog. te ofrezco poesia, pensamientos que alimentan el alma gracias.

    cositasdeloly.blogspot.com

    BICOS

    ResponderEliminar
  25. De aburrimento nada de nada que este é dos meus blogues favoritos e me encanta ver as masas que preparas para cando eu me decida (que xa falta menos, jeje).
    As peitugas quedaron xenais lixeiras e saniñas, xa tardo en facelas.

    Bicos

    ResponderEliminar
  26. Que bueno!!! levedar despues de carnavales levadamos todos, y más este año tan que fueron tan cerquita de navidad. Asi que para compensar una receta sana y rica.
    Bicos
    Vane

    ResponderEliminar
  27. Estoy de acuerdo con todas: viva las masas de María! Levedemos unidas! Además a través de tus posts se intuye que eres una tia genial ;) bien por ti!
    Con el pollo me pasa parecido, la pechuga es lo único que como, así que genial esta idea!
    besiños

    ResponderEliminar
  28. Un prato san, as que acostumo a preparar non son tan lixeiras, voume ter que pasar a elas. E vanme gustar...

    Bicos.

    ResponderEliminar
  29. Hola María, pues me parece una genial receta, me encanta. Apuntada queda para hacerla en cuando pueda.
    Muchos besitos

    ResponderEliminar
  30. Uauuuuuuuuuu, qué rico y dices bien al decir que es sano y poco calórico. No sé porque pensamos tantas veces que lo sano no es sabroso, tu receta es buena prueba de lo contrario.

    Un saludo

    ResponderEliminar
  31. Hola, me gustan mucho como estan cocinadas estas pechugas, y la guarnicion muy buena tambien, un saludo.
    JUAN

    ResponderEliminar

Cóntame que che parece

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...