jueves, 29 de diciembre de 2011

PASTAS TIPO REGLERO

Cada vez que María de "Una pincelada en la cocina" publica unha das súas receitas aí estou eu babeando. Elixe tan ben as receitas que non me queda máis remedio que copiarllelas. Creo que lle copiei todas as de galletas que ten publicadas no blog. Son xusto o que busco, receitas fáciles, sanotas e por encima para repetir do boísimas que están. Esta receita tiña que publicala si o si porque me encantou, xa a repetín e non creo que pase sen repetila no que queda do Nadal, se ata son un primor para regalar. Pois iso, que esta recetita quéroa ter eu moi ben gardadiña, ademas ocórreseme quitarlle as fotos con motivos do Nadal e non me queda máis remedio que publicalas antes de que acaben as festas porque máis tarde ía cantar un pouco a decoración. Aí quedan e no blogue de María hai un paso a paso estupendo.
En castellano
Cada vez que María de "Una pincelada en la cocina" publica una de sus recetas ahí estoy yo babeando. Elige tan bien las recetas que no me queda más remedio que copiárselas. Creo que le he copiado todas las de galletas que tiene publicadas en el blog. Son justo lo que busco, recetas fáciles, sanotas y por encima para repetir de lo buenísimas que están. Esta receta tenía que publicarla si o si porque me ha encantado, ya la he repetido y no creo que pase sin repetirla lo que queda de las navidades, si incluso son un primor para regalar. Pues eso, que esta recetita la quiero tener yo muy bien guardadita, ademas se me ocurre quitar la foto con motivos navideños y no me queda más remedio que publicarlas antes de que acaben las fiestas porque más tarde iba a cantar un poco la decoración. Ahí quedan y en el blog de María hay un paso a paso estupendo.



Ingredientes
150 gr de améndoa moída
230 gr de fariña de repostería
140 gr de azucre glas
2 sobres de azucre avainillado, (eu púxenlle unha culleradiña de esencia de vainilla)
1/2 culleriña de café de sal (non lle poño)
1 culleriña de sobremesa de fermento tipo Royal
1 culleriña rasa de sobremesa de bicarbonato sódico
1 culleriña rasa de café de canela en po
raiadura de 1/2 limón (pequeno)
165 gr de aceite de xirasol
1 xema de ovo para vernizar

En castellano
Ingredientes
150 gr de almendra molida
230 gr de harina de repostería
140 gr de azúcar glas
2 sobres de azúcar avainillado, (yo le puse una cucharadita de esencia de vainilla) 
1/2 cucharilla de café de sal  (no le pongo)
1 cucharilla de postre de levadura tipo Royal
1 cucharilla rasa de postre de bicarbonato sódico
1 cucharilla rasa de café de canela en polvo
ralladura de 1/2 limón (pequeño)
165gr de aceite de girasol
1 yema de huevo para barnizar



Preparación
- Nun bol vertemos a améndoa moída, fariña, azucre glas e avainillado, sal, fermento, bicarbonato, canela e a raiadura de limón. Mesturamos ben todos os ingredientes.
- Vertemos o aceite (e a esencia, se se usa) e mesturamos cunha culler de pau ata formar unha pasta compacta. Que poderemos manexar facilmente coas mans.
- Colocamos un anaco longo de papel de fornear encima dunha superficie plana, despois a bóla de masa, e encima desta un anaco de filme transparente. Estiramos a masa cun rodete ata que teña aproximadamente 1/2cm de grosor ou máis depende do grosor que queiramos, a min gústanme gordiñas. Cun molde formamos as galletas, unimos os restos de masa e repetimos a operación ata que se acabe a masa.
- Colocámolas na bandexa de forno, que está cuberta con papel de fornear, deixando un pequeno espazo entre elas para que cando crezan non se peguen. Vernizamos coa xema de ovo batida.
- Introducimos no forno prequentado a 180º durante uns 15-20 min aprox. (Non convén excederse co forno xa que senón quedaríannos duras). Estarán listas cando comecen a gretarse e teñan apenas unha cor dourada
- Deixámolas arrefriar na bandexa antes de retiralas, xa que se as retiramos cando estean quentes poderían romper moi facilmente.
- Unha vez frías podémolas decorar fundindo no microondas unhas onzas de chocolate de cobertura, ou tamén cunha glasa branca de azucre glas, mesturándoo cunhas pingas de limón ata que quede unha pasta consistente (podédesvos guiar pola consistencia da pasta de dentes), ou facendo unha glasa coa clara de ovo e azucre glass. Deixamos secar e xa están listas.
-Eu non as decorei con nada porque non lles fai falta, están boísimas tal cal. Aínda que estou segura que o farei.


En castellano
Preparación
- En un bol vertemos la almendra molida, harina, azúcar glas y avainillado, sal, levadura, bicarbonato, canela y la ralladura. Mezclamos bien todos los ingredientes.
- Vertemos el aceite (y la esencia, si se usa) y mezclamos con una cuchara de palo hasta formar una pasta compacta. Que podremos manejar fácilmente con las manos.
- Colocamos un trozo largo de papel de hornear encima de una superficie plana, después la bola de masa, y encima de esta un trozo de film transparente. Estiramos la masa con un rodillo hasta que tenga aproximadamente 1/2cm de grosor o más depende del grosor que queramos, a mi me gustan gorditas. Con un molde formamos las galletas, unimos los restos de masa y repetimos la operación hasta que se acabe la masa.
- Las colocamos en la bandeja, que está cubierta con papel de hornear, dejando un pequeño espacio entre ellas para que cuando crezcan no se peguen. Barnizamos con la yema de huevo batida.
- Introducimos en el horno precalentado a 180º durante unos 15-20 min aprox. (No conviene excederse con el horno ya que sino se nos quedarían duras). Estarán listas cuando comiencen a agrietarse y tengan apenas un color doradito.
- Las dejamos enfriar en la bandeja antes de retirarlas, ya que si las retiramos cuando estén calientes podrían romperse muy fácilmente.
- Una vez frías las podemos decorar fundiendo en el microondas unas onzas de chocolate de cobertura, o también con una glasa blanca de azúcar glas, mezclándolo con unas gotas de limón hasta que quede una pasta consistente (os podéis guiar por la consistencia de la pasta de dientes), o haciendo una glasa con la clara de huevo y azúcar glass. Dejamos secar y ya están listas.
-Yo no las decoré con nada porque no les hace falta, están buenísimas tal cual. Aunque estoy segura que lo haré.
lunes, 26 de diciembre de 2011

MUFFINS DE CHOCOLATE (dúas receitas: tipo Starbucks e de Nigella Lawson)

Esta tempada deume a febre dos muffins de chocolate, que tiña que probar varias receitas e comparar, o malo é que non sabería cal elixir, unha non está mellor que outra, quizais, quizais, mellor os Starbucks, pero houbo opinións para todo, por iso hai que probar as dúas. E non probo máis porque se probo máis, vanme a seguir gustando así que, de momento, quédome con estas dúas e xa veremos.
Facer muffins é moi sinxelo, é unha elaboración fácil e rápida, se nos apetece algo doce pómonos a facer muffins e nun plis-plas xa están. Peeeeero, como a min me gusta complicarme a vida, pois non podía ser tan sinxelo, e non me vale facer muffins en moldes tradicionais de madalenas, para  min un muffin ten que ser con estes moldes feitos con papel e teñen que ser grandotes, senon, non me parecen muffins, parécenme madalenas. Así que fago un pouco de manualidades e quédanme así de chulis. A verdade é que non é difícil, é, ata, entretido. Séntome cos meus papeliños e o meu cuter e fago os cadrados de papel que logo me serven de molde. Introdúcense os cadrados de papel nunhas flaneiras metálicas, inténtanse adaptar dándolle dobleces, colócase encima outra flaneira facendo presión e xa está, fácil. A elaboración dos moldes con papeis pódese ver no blogue "Bocados de cielo"
A culpable de que estea probando receitas de muffins é a miña amiga Puri, a ela encántanlle os muffins de chocolate e sempre me dicía que puxese unha receita, eu remitina a outros blogues e recomendeille os Starbucks, que parece ser que son unha imitación dos que fai algunha cadea americana (non estou moi segura), recomendeillos porque polo que lin estaban moi ricos. Fíxome caso e agora son habituais na súa casa, non me quedou máis remedio que probalos e de paso probar outra receita para comparar.
Déixome de leas e vou coas receitas.
En castellano
Esta temporada me ha dado la fiebre de los muffins de chocolate, que tenía que probar varias recetas y comparar, lo malo es que no sabría cual elegir, una no está mejor que otra, quizás, quizás, mejor los Starbucks, pero ha habido opiniones para todo, por eso hay que probar las dos. Y no pruebo más porque si pruebo más, me van a seguir gustando así que, de momento, me quedo con estas dos y ya veremos.
Hacer muffins es muy sencillo, es una elaboración fácil y rápida, vamos que si nos apetece algo dulce nos ponemos a hacer muffins y en un plis-plas ya están. Peeeeero, como a mi me gusta complicarme la vida, pues no podía ser tan sencillo, y no me vale hacer muffins en moldes tradicionales de magdalenas, para mi un  muffin tiene que ser con estos moldes hechos con papel y tienen que ser grandotes, sinó no me parecen muffins, me parecen magdalenas. Así que hago un poco de manualidades y me quedan así de chulis. La verdad es que no es difícil, es, incluso, entretenido. Me siento con mis papelitos y mi cuter y hago los cuadrados de papel que luego me sirven de molde. Se introducen los cuadrados de papel en unas flaneras metálicas, se intentan adaptar dándole dobleces,se coloca encima otra flanera haciendo presión y ya está, fácil. La elaboración de los moldes con papeles se puede ver en el blog Bocados de cielo
La culpable de que esté probando recetas de muffins es mi amiga Puri, a ella le encantan los muffins de chocolate y siempre me decía que pusiera una receta, yo la remití a otros blogs y le recomendé los Starbucks, que parece ser que son una imitación de los que hace alguna cadena americana (no estoy muy segura), se los recomendé porque por lo que leí estaban muy ricos. Me hizo caso y ahora son habituales en su casa, no me quedó más remedio que probarlos y de paso probar otra receta para comparar. Me dejo de líos y voy con las recetas.


Esquerda, muffins tipo Starbucks. Dereita muffins de chocolate de Nigella Lawson. Izquierda, muffins tipo Starbucks. Derecha, muffins de chocolate de Nigela Lawson.


MUFFINS STARBUCKS (sacada del blog de la Canelona, Canecositas)
Ingredientes:
230gr de fariña
50gr de cacao sen azucre (valor)
2 iogures gregos
150gr de azucre
80 gr de aceite de xirasol
2 ovos
1 sobre de fermento (royal)
4 culleradas de leite
100gr de chocolate en perliñas




En castellano
Ingredientes:
230gr de harina
50gr de cacao sin azúcar
2 yogures griegos
150gr de azúcar
80gr de aceite de girasol
2 huevos
1 sobre de levadura
4 cucharadas de leche
100gr de chocolate en perlitas



Preparación:
- Mesturamos a fariña, o fermento, o azucre, o cacao e as pebidas de chocolate nun recipiente  (eu tamizo a fariña e o cacao)
- Noutro recipiente mesturamos os ovos, o leite, os iogures e o aceite. Primeiro bátense un pouco os ovos e a continuación vanse engadindo os demais ingredientes e mestúranse.
- Incorporaramos a mestura de ingredientes secos aos húmidos. E mesturamos, non fai falta bater demasiado, só que se mesturen (queda unha masa densa)
- Pomos moldes feitos de papel ou de madalenas dentro de flaneiras duras, ben de metal ou desas tipo Albal de usar e tirar. Recheámolos case ata arriba, axudándonos dunha culler, pois a masa é espesiña. Así sairannos con máis copete.
- Decoramos con máis gotiñas de chocolate por encima e os forneamos no forno prequentado a 180º durante uns 35 minutos. (segundo fornos, é mellor comprobar cunha agulla se están listos, se sae seca é que xa están, compróbase a partir dos 25 minutos)



En castellano
Preparación:
- Mezclamos la harina, la levadura, el azúcar, el cacao en un recipiente y las pepitas de chocolate (yo  tamizo la harina y el cacao)
- En otro recipiente mezclamos los huevos, la leche, los yogures y el aceite. Primero se baten un poco los huevos y a continuación se van añadiendo los demás ingredientes y se mezclan.
- Incorporaramos la mezcla de ingredientes secos a los húmedos. Y mezclamos, no hace falta batir demasiado, solo que se mezclen (queda una masa densa)
- Ponemos moldes hechos de papel  o de magdalenas dentro de flaneras duras, bien de metal o de esas tipo Albal, usar y tirar. Los rellanamos casi hasta arriba, ayudándonos de una cuchara, pues la masa es espesita.  Así nos saldrán con más copete.
- Decoramos con más gotitas de chocolate por encima y los horneamos en el horno precalentado a 180º durante unos 35 minutos. (según hornos, es mejor comprobar con una aguja si están listos, si sale seca es que ya están, se comprueba a partir de los 25 minutos)



MUFFINS DE CHOCOLATE DE NIGELLA LAWSON (sacada de Bocados de cielo, o paraíso dos muffins)
Ingredientes:
- 250 grs. fariña.
- 175 grs. azucre. (eu sempre poño menos)
- 150 grs. chocolate fondant.
- 75 grs. manteiga, pódese cambiar por 75 gr de aceite.
- 250 ml leite enteiro .
- 2 culleradas sopeiras de cacao valor, sen azucre.
- 2 ovos.
- 1 cullerada sopeira de vainilla líquida vahiné.
- 1/2 culleradiña de sobremesa de bicarbonato.
- 2 culleradiñas de sobremesa de fermento royal.
- 1 chisco de sal.


En castellano
Ingredientes:
- 250 grs. harina.
- 175 grs. azúcar. (yo siempre pongo menos)
- 150 grs. chocolate fondant.
- 75 grs. mantequilla, se puede cambiar por 75 gr de aceite.
- 250 ml leche entera .
- 2 cucharadas soperas de cacao valor, sin azúcar.
- 2 huevos.
- 1 cucharada sopera de vainilla líquida vahiné.
- 1/2 cucharita postre de bicarbonato.
- 2 cucharitas de postre de levadura royal.
- 1 pizca de sal.



Elaboración
- Nun recipiente apto para microondas dispor o chocolate en anaquiños xunto coa manteiga e metelo no micro, mirándoo e removéndoo cada 20 segundos ata que estea fundido.
- Noutro bol mesturar, fariña, azucre, cacao en po, sal, fermento, bicarbonato, mesturalo ben.
-Nun bol bater os ovos xunto co leite e a vainilla, verter, nesta mestura, o chocolate manteiga que tiñamos derretido.
- Incorporaramos a mestura de ingredientes secos aos húmidos. E mesturamos, non fai falta bater demasiado, só que se mesturen (queda unha masa densa)
- Pomos moldes feitos de papel ou de madalenas dentro de flaneiras duras, ben de metal ou desas tipo Albal de usar e tirar. Recheámolos case ata arriba, axudándonos dunha culler, pois a masa é espesiña. Así  sairánnos con máis copete.
- Forneamos no forno prequentado a 180º durante uns 35 minutos. (segundo fornos, é mellor comprobar cunha agulla se están listos, se sae seca é que xa están, compróbase a partir dos 25 minutos)



En castellano
Elaboración
- En un recipiente apto para microondas disponer el chocolate a trocitos junto con la mantequilla y meterlo en el micro, mirándolo y removiéndolo cada 20 segundos hasta que esté fundido.
- En otro bol mezclar, harina, azúcar, cacao en polvo sal, levadura, bicarbonato, mezclarlo bien
-En un bol batir los huevos junto con la leche y la vainilla,  verter, en esta mezcla, el chocolate + mantequilla que teníamos derretido.
- Incorporaramos la mezcla de ingredientes secos a los húmedos. Y mezclamos, no hace falta batir demasiado, solo que se mezclen (queda una masa densa)
- Ponemos moldes hechos de papel  o de magdalenas dentro de flaneras duras, bien de metal o de esas tipo Albal, usar y tirar. Los rellanamos casi hasta arriba, ayudándonos de una cuchara, pues la masa es espesita.  Así nos saldrán con más copete.
- Horneamos en el horno precalentado a 180º durante unos 35 minutos. (según hornos, es mejor comprobar con una aguja si están listos, si sale seca es que ya están, se comprueba a partir de los 25 minutos)



sábado, 10 de diciembre de 2011

TARTA GUINNESS

 Estou un tanto preocupada porque o descoido que me invade é case esaxerado. Cada entrada do blogue antes de publicala míroa, a remiroa, léoa e reléoa, pero resulta que logo dun tempo, cando quero volver facer esa receita ou cando alguén me di que copiou algunha receita, vou e revísoa para comprobar que se entende ben e que está ben explicada, pois ben, sempre, sempre hai fallos, ou teño dúas palabras xuntas ou a algunha palabra de faltan letras ou lle sobran ou ten letras que non lle corresponden, ou hai unha falta de ortografía das gordísimas. Como pode ser???? Pido mil desculpas para os que me lean e soporten todos os meus descoidos, tentarei ir corrixíndoos nas miñas revisións a posteriori.
Esta torta tamén é un clásico pola blogosfera, case é imposible non caer na tentación porque o aspecto é incrible. Persoalmente non me gusta a cervexa, nada, nada; teño que dicir en favor da torta que non sabe en absoluto a cervexa e que á min gustoume moito, é máis, creo que é unha torta digna dunha celebración importante porque penso que será do gusto de todos. Non o lin en ningunha das opinións que se nos ofrecen sobre esta torta, aínda así considero, que debo dar a miña e é que a min (e digo a min) sábeme a galletas oreo, poida que o asocie á súa cor, non sei, o caso é que mas recorda moito.
Invito a todo o mundo a probala dado que é moi sinxela a súa elaboración e o resultado, boísimo.
Nesta ocasión a receita está sacada de Food & Cook



En castellano
Estoy un tanto preocupada porque el despiste que me invade es casi exagerado. Cada entrada del blog antes de publicarla la miro, la remiro, la leo y la releo, pero resulta que después de un tiempo, cuando quiero volver a hacer esa receta o cuando alguien me dice que ha copiado alguna receta, voy y la reviso para comprobar que se entiende bien y que está bien explicada, pues bien, siempre, siempre hay fallos, o tengo dos palabras juntas o a alguna palabra de faltan letras o le sobran o tiene letras que no le corresponden, o hay una falta de ortografía de las gordísimas. Como puede ser???? Pido mil disculpas para los que me lean y soporten todos mis despistes, intentaré ir corrigiéndolos en mis revisiones a posteriori.
Esta tarta también es un clásico por la blogosfera, casi es imposible no caer en la tentación porque el aspecto es increíble. Personalmente no me gusta la cerveza, nada, nada; tengo que decir en favor de la tarta que no sabe en absoluto a cerveza y que a mi me ha gustado mucho, es más, creo que es una tarta digna de una celebración importante porque pienso que será del gusto de todos. No lo he leído en ninguna de las opiniones que se nos ofrecen sobre esta tarta, aún así considero, que debo dar la mía y es que a mi (y digo a mi) me sabe a galletas oreo, puede que lo asocie a su color.
Invito a todo el mundo a probarla dado que es muy sencilla su elaboración y un resultado buenísimo.
 En esta ocasión la receta está sacada de Food & Cook




Ingredientes
Para o bizcocho
250 ml cervexa negra Guinness stout
250 gr. manteiga
75 gr. cacao en po (utilicei Valor)
400 gr. azucre (eu poño 250)
140 ml. de nata líquida para montar
2 ovos
1 cdta. de vainilla líquida
250 gr. fariña para repostería
2,5 cdñas. de bicarbonato
Para a cobertura (o frosting)
300 gr. queixo tipo Philadelpia
150 gr. azucre glas
360 ml. nata líquida para montar

En castellano
Ingredientes
Para el bizcocho
250 ml cerveza negra Guinness stout
250 gr. mantequilla
75 gr. cacao en polvo (utilicé Valor)
400 gr. azúcar (yo pongo 250)
140 ml. de nata líquida para montar
2 huevos
1 cdta. de vainilla líquida
250 gr. harina para repostería
2′5 cdtas. de bicarbonato
Para la cobertura (el frosting)
300 gr. queso tipo Philadelpia
150 gr. azúcar glas
360 ml. nata líquida para montar



Preparación
- Pomos nunha pota a cervexa a quentar a lume medio, sen que chegue a ferver, cando estea quente engadímoslle a manteiga cortada en anacos e ímolo movendo ata que a manteiga se derreta completamente, retirámolo do lume e reservámolo.
- Nun bol pomos o cacao, o azucre, a fariña e o bicarbonato e mesturámolo ata que queden ben mesturados todos os ingredientes e dunha cor uniforme.
- Noutro bol, pomos a nata líquida, os ovos e a vainilla líquida e mesturámolo, cun batedor manual, ata que nos quede unha mestura uniforme, a continuación engadimos o contido da pota, a cervexa coa manteiga, e mesturámolo novamente ata integrar ben ambas as mesturas.
- Unha vez temos a mestura líquida terminada ímoslla incorporando aos ingredientes secos e cunhas bariñas mesturámolo enérxícamente ata conseguir unha masa uniforme e sen grumos, quedará bastante líquida, non vos asustedes é así, logo solidifica e mostra unha textura zumenta e húmida magnifica.
- Pasamos a masa a un molde engraxado ou cuberto con papel de fornear (eu sempre opto por isto) e introducímolo no forno, previamente prequentado a 180º, durante 50 minutos aproximadamente ou ata que o piquemos e vexamos que sae limpo.
- Unha vez transcorrido o tempo, sacámolo e deixámolo arrefriar no molde, para posteriormente pasalo ao prato onde o vaiamos a presentar.

Cobertura (frosting)
- Semimontamos a nata, incorporamos o queixo e o azucre e seguimos montando ata conseguir que estea consistente.
- Trotamundos do blogue Food & Cook, de onde copiei esta receita fai doutro xeito: mesturamos o queixo e o azucre, con batidor eléctrico, ata conseguir unha crema suave, despois engadirémoslle a nata que previamente montariamos e mesturámolo con movementos suaves ata que estean ben integrados ambos os ingredientes, conseguiremos unha crema lixeiramente untuosa que poremos sobre a torta xa fría.



En castellano
Preparación
- Ponemos en una olla la cerveza a calentar a fuego medio, sin que llegue a hervir, cuando esté caliente le añadimos la mantequilla cortada en trozos y lo vamos moviendo hasta que la mantequilla se derrita completamente, lo retiramos del fuego y lo reservamos.
- En un bol ponemos el cacao, el azúcar, la harina y el bicarbonato y lo mezclamos hasta que queden bien mezclados todos los ingredientes y de un color uniforme.
- En otro bol, ponemos la nata líquida, los huevos y la vainilla líquida y lo mezclamos, con un batidor manual, hasta que nos quede una mezcla uniforme, a continuación añadimos el contenido de la olla, la cerveza con la mantequilla, y lo mezclamos nuevamente hasta integrar bien ambas mezclas.
- Una vez tenemos la mezcla líquida terminada se la vamos incorporando a los ingredientes secos y con unas barillas lo mezclamos enérgícamente hasta conseguir una masa uniforme y sin grumos, quedará bastante líquida, no os asustéis es así, luego solidifica y muestra una textura jugosa y húmeda magnifica.
- Pasamos la masa a un molde engrasado o cubierto con papel de hornear (yo siempre opto por esto) y lo introducimos en el horno, previamente precalentado a 180º, durante 50 minutos aproximadamente o hasta que lo pinchemos y veamos que sale limpio.
- Una vez transcurrido el tiempo, lo sacamos y lo dejamos enfriar en el molde, para posteriormente pasarlo al plato donde lo vayamos a presentar.


Cobertura (frosting)
- Semimontamos la nata, incorporamos el queso y el azúcar y seguimos montando hasta conseguir que esté consistente. Este fue mi procedimiento, pero en el blog del que copié la tarta procede de otra forma: mezclamos el queso y el azúcar, con batidor eléctrico, hasta conseguir una crema suave, después le añadiremos la nata que previamente habremos montado y lo mezclamos con movimientos suaves hasta que estén bien integrados ambos ingredientes, conseguiremos una crema ligeramente untuosa que pondremos sobre a tarta ya fría.

martes, 6 de diciembre de 2011

BOCADOS DE NUBE

Deberían chamarse as nubes de Sara porque foi ela quen popularizou estes deliciosos boliños. Agora circulan por unha chea de blogs e só velos entran ganas de porse mans á masa e gozalos porque invitan a ser devorados sen piedade.
En canto vin a receita, xa fai bastante tempo, decidín que tiña que facela si ou si, pero o problema era atopar a fécula de pataca, non había xeito de conseguila, as mozas da herborístería do pobo volvíanse tolas buscándoa e nada, ata que un día, dinme que por fin a conseguiron. E por fin puiden facer os meus bocados de nube. Estes que poño aquí xa non son o meu primeiro intento, unha vez que os fas tes que repetir e repetir, son irresistibles.

En castellano
Deberían llamarse las nubes de Sara porque fue ella quien popularizó estos deliciosos bollitos. Ahora circulan por un montón de blogs y solo verlos entran ganas de ponerse manos a la masa y disfrutarlos porque invitan a ser devorados sin piedad.
En cuanto vi la receta, ya hace bastante tiempo, decidí que tenía que hacerla sí o sí, pero el problema era encontrar la fécula de patata, no había manera de conseguirla, las chicas de la herborístería del pueblo se volvían locas buscándola y nada, hasta que un día, me dicen que por fin la consiguieron. Y por fin pude hacer mis bocados de  nube. Estos que pongo aquí ya no son mi primer intento, una vez que los haces tienes que repetir y repetir, son irresistibles.


Ingredientes
390 gr. de fariña repostería (eu puxen uns 450 g)
1 sobre de fermento de panadeiro en po (marca maizena)
120 gr de azucre
raiadura de limón ou esencia
250 ml de leite morna
80 gr. de manteiga a temperatura ambiente
60 gr de fécula de pataca
chisco de sal
Azucre glasé para espolvorear
En castellano
Ingredientes
390 gr. de harina repostería (yo puse unos 450 g)
1 sobre de levadura de panadero en  polvo (marca maizena)
120 gr de azúcar
ralladura de limón o esencia
250 ml de leche templada
80 gr. de mantequilla a temperatura ambiente
60 gr de fécula de patata
pizca de sal
Azúcar glasé para espolvorear


Preparación
- Antes de empezar coa explicación da receita gustaríame dicir que eu necesitei engadir máis fariña, coa cantidade de fariña que indica é unha masa imposible de manexar. Non sei exactamente canta engadín. En principio pesaría 450 g de fariña, faría a masa cos 390 e iría engadindo do resto o que me fixese falta. Consultei con Sara o que pasaba e ela díxome que resultaba unha masa pegañenta, que había que manexala coas mans aceitadas. A masa que eu fixen non era así, era perfectamente manexable (despois de engadir máis cantidade de fariña), para a próxima probarei a facela máis húmida. De todos os xeitos quedaron moi suaves e esponxados.
- Nun bol amplo pomos a fariña e a fécula xunto co fermento e a raiadura, abrimos un oco no centro e engadimos a manteiga, fregamos cos dedos ata mesturala coa fariña, a continuación incorporamos o azucre. Quentamos lixeiramente o leite a temperatura corporal como máximo, engadímola, mesturamos e incorporamos o sal, seguimos amasando ata que nos quede unha masa homoxénea, como digo, coa cantidade de fariña e de leite que se indíca nas cantidades dos ingredientes queda unha masa que non se pode manexar, engádese un pouco máis de fariña ata que non sexa tan pegañenta. Coas masas pegañentas é ideal o amasado Bertinet. Eu no amasado teño a miña propia técnica que me dá moi bo resultado: amaso de forma tradicional dobrando a masa sobre se mesma e virándoa, ademais doulle uns bos golpes, no pan de ovo puxen un vídeo ilustrativo, ademais tamén lle dou voltas Bertinet. Adoito facer uns amasados longos, por iso cansa moito, entón amaso un intre, boleo, deixo repousar a masa durante uns 5 minutos, volvo a amasar, descanso da masa, e doulle o último amasado, queda unha masa moi traballada e o resultado é moi esponxoso. Unha vez feito isto, tapamos e deixamos levar en sitio tépedo, cuberto cun filme transparente, ata que dobre o seu volume, o forno apagado é un bo sitio.



- A min encántame ter este tipo de boliños recén feitos pola mañá e o mellor xeito é preparar a masa pola noite, deixar que leve e logo deixala na neveira toda a noite ( ás veces, no inverno, fágoa tarde, a iso das once da noite e déixoa toda a noite a temperatura ambiente). Pola mañá sácase, déixase a temperatura ambiente unha hora ou se mete no forno quentado ao mínimo un cuarto de hora e fórmanse os boliños que se depositan na bandexa de forno cuberta con papel de fornear hasta que dobren o volume, debemos polos bastante separados porque senón tocaranse cando crezan. O tempo dos levados varía dependendo da temperatura ambiente, se é verán nunha hora estarán e se é inverno poida que necesite dúas. Deben estar tapados e nun lugar sen correntes. Se queremos acelerar o proceso de levado podemos acender o forno ao mínimo e cando o piloto do forno se apague porque alcanzou a temperatura, apágase o forno aínda que se deixe acendida a luz interior, que segue dando algo de calor, métense os bolos (sempre tapados) no interior e nunha hora estarán listos para fornear.
- Prequentamos o forno a 180º e unha vez conseguida a temperatura intraducimos os bocadiños e forneamos máis ou menos 20 minutos, han de quedar lixeiramente dourados.
- En quente espolvorear con azucre glassé




En castellano
Preparación
- Antes de empezar con la explicación de la receta me gustaría decir que yo necesité añadir más harina, con la cantidad de harina que indica es una masa imposible de manejar. No sé exactamente cuanta añadí. En principio pesaría 450 g de harina, haría la masa con los 390 e iría añadiendo del resto lo que me hiciera falta. Consulté con Sara lo que pasaba y ella me dijo que resultaba una masa pegajosa que había que manejar con las manos aceitadas. La masa que yo hice no era así (después de añadir más harina), era perfectamente manejable, para la próxima probaré a hacerla más húmeda. De todas formas quedaron muy suaves y esponjosos.
- En un bol amplio ponemos la harina y fécula junto con la levadura y la ralladura, abrimos un hueco en el centro y añadimos la mantequilla, frotamos con los dedos hasta mezclarla con la harina, a continuación incorporamos el azúcar. Calentamos ligeramente la leche, la añadimos, mezclamos e incorporamos la sal, seguimos amasando hasta que nos quede una masa homogénea, como digo con la cantidad de harina y de leche que se indica en las cantidades de los ingredientes queda una masa que no se puede manejar, se añade un poco más de harina hasta que no sea tan pegajosa. Con las masas pegajosas es ideal el amasado Bertinet. Yo en el amasado tengo mi propia técnica que me da  muy buen resultado: amaso de forma tradicional doblando la masa sobre si misma y girándola, además le doy unos buenos golpes, en el pan de huevo puse un video ilustrativo, además también le doy vueltas Bertinet. Suelo hacer unos amasados largos, por eso cansa mucho, entonces amaso un rato, boleo, dejo reposar la masa durante unos 5 minutos, vuelvo a amasar, descanso de la masa, y le doy el último amasado, queda una masa muy trabajada y el resultado es muy esponjoso. Una vez hecho esto, tapamos y dejamos levar en sitio templado, cubierto por film transparente, hasta que doble su volumen, el horno apagado es un buen sitio.


- A mi me encanta tener hechos este tipo de panecillos por la mañana y la mejor manera es preparar la masa por la noche, dejar que leve y luego dejarla en la nevera toda la noche ( a veces, en invierno, la hago tarde, a eso de las once de la noche y la dejo toda la noche a temperatura ambiente). Por la mañana se saca, se deja a temperatura ambiente una hora o se mete en el horno calentado al mínimo un cuarto de hora y se forman los panecillos que se depositan en la bandeja de horno cubierta con papel de hornear hasta que doblen el volumen, debemos ponerlos bastante separados porque sino se tocarán cuando crezcan. El tiempo de los levados varía dependiendo de la temperatura ambiente, si es verano en una hora estarán y si es invierno puede que necesite dos. Deben estar tapados y en un lugar sin corrientes. Si queremos acelerar el proceso de levado podemos encender el horno al mínimo y cuando el piloto del horno se apague porque ha alcanzado la temperatura, se apaga el horno aunque se deje encendida la luz interior, que sigue dando algo de calor, se meten los bollos (siempre tapados) en el interior y en una hora estarán listos para hornear.
- Precalentamos el horno a 180º y una vez conseguida la temperatura intraducimos los bocaditos y horneamos más o menos 20 minutos, han de quedar ligeramente dorados.
- En caliente espolvorear con azúcar glassé.




sábado, 3 de diciembre de 2011

MUFFINS DE CABAZA E AMÉNDOA (sen graxa)

MUFFINS DE CALABAZA Y ALMENDRA (sin grasa)
Na última publicación propúxenme facer unha entrada por semana, de feito case montei 3, aínda que non completas. Esta, por exemplo, está lista desde o mesmo día que a crema de limón, faltábame a introdución, pero como teño o cerebro seco, senteime algún que outro día, pero non me apetecía pensar e pechaba, total, para o que estou contado agora tampouco fai falta espremerse moito, en fin...
Outra receita copiadiña, esta vez do blogue Cervexeando que me encantan todas as súas achegas sans. Xa no seu momento publiquei os muffins de chocolate e menta e encantáronnos, sen nadiña de graxa, case son sans e todo, levan pouco azucre, son ideais. Tanto nos gustaron que os repetín.

 En castellano
En la última publicación me propuse hacer una entrada por semana, de hecho casi monté 3 entradas, aunque no completas. Esta, por ejemplo está lista desde el mismo día que la crema de limón, me faltaba la introducción, pero como tengo el cerebro seco, me senté algún que otro día, pero no me apetecía pensar y cerraba, total, para lo que estoy contado ahora tampoco hace falta exprimirse mucho, en fin...
Otra receta copiadita, esta vez del blog cervexeando que me encantan todas sus aportaciones sanitas. Ya en su momento publiqué los muffins de chocolate y menta y nos encantaron, sin nadita de grasa, casi son sanos y todo, llevan poco azúcar, son ideales. Tanto nos gustaron que los he repetido.



Ingredientes
- 200 g de cabaza crúa
- 160 g de azucre
- 100 g de améndoa moída
- 100 g de fariña de arroz
- A reladura e o zume dunha laranxa (eu puxen de mandarina)
- 2 ovos
- 2 culleradiñas de café de po Royal
- Un chisco de sal
- Azucre glas para botar por riba unha vez fríos
En castellano
Ingredientes
- 200 g de calabaza cruda
- 160 g de azúcar
- 100 g de almendra molida
- 100 g de harina de arroz
- La ralladura y el zumo de una naranja (yo puse mandarina)
- 2 huevos
- 4 g (2 cucharaditas de café) de levadura química
- Una pizca de sal
- Azúcar glas para espolvorear una vez fríos




Preparación
- Tritúrase a cabaza o máis finamente posible, eu fíxeno na picadora. Resérvase.
- Bátense os ovos co azucre ata branquear. Engádese a cabaza triturada crúa, as fariñas de améndoa e de arroz, o po Royal, o sal, a reladura e o zume. Mestúrase todo ben.
- Repártese esta mestura en cápsulas de papel para madalenas (eu sempre as introduzo en flaneiras metálicas para que non perdan a forma) e métese no forno prequentado a 200º e baixase a 190ºC ao introducir os muffins durante 30 minutos.
- Sácanse do forno, déixanse arrefriar completamente e bótase por riba un pouco de azucre glas.



En castellano
Preparación
- Se tritura la calabaza lo más finamente posible, lo hice en la picadora. Se reserva.
- Se baten los huevos con el azúcar hasta blanquear. Se añade la calabaza triturada cruda, las harinas de almendra y de arroz, la levadura, la sal, la ralladura y el zumo. Se mezcla todo bien.
- Se reparte esta mezcla en moldes de papel que introduzco en flaneras para que queden con bonita forma. Se mete en el horno a  precalentado a 200ºC y se baja al introducir los muffins a 190ºC durante 30 minutos.
- Se sacan del horno, se dejan enfriar completamente y se espolvorean con azúcar glas.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...