miércoles, 24 de julio de 2013

AGUATES CON GAMBAS

Isto é receita? Pois non o sei, é comida, diso estou segura, e rica, e fácil, e ata, sa. É unha mestura sinxela que se fai moi rápido e coa que se pode quedar moi ben. 
Fai unhas semanas invitáronme a comer e este foi un dos aperitivos, gustoume tanto que agora xa pasará a formar parte dos meus habituais. É desas "receitas" que non sabes si publicar, que che parece unha chorrada, pero logo pensas e dis, " a min encantoume, eu pedín a receita, por que non? Pode interesarlle a outros". Pois aquí está, non defraudará a ninguén.
Ademais agora no verán que son habituais as comidas colectivas este aperitivo sácanos dun apuro, por fresquiño e fácil, tenas todas.
En castellano
Esto es receta? Pues no lo sé, es comida, de eso estoy segura, y rica, y fácil, e incluso, sana. Es una mezcla sencilla que se hace muy rápido y con la que se puede quedar muy bien. 
Hace unas semanas me invitaron a comer y éste fue uno de los aperitivos, me gustó tanto que ahora ya pasará a formar parte de mis habituales. Es de esas "recetas" que no sabes si publicar, que te parece una chorrada, pero luego piensas y dices, " a me me encantó, yo pedí la receta, por qué no? Puede interesarle a otros". Pues aquí está, no defraudará a nadie.
Además ahora en veranito que son habituales las comidas colectivas este aperitivo nos saca de un apuro, por fresquito y fácil, las tiene todas.



Ingredientes (as cantidades dependen dos comensais e dos gustos de cada un)
Aguacate
Gambiñas peladas cocidas (para un aguacate eu puxen un bo puñado), tamén podemos poñer no seu lugar atún ou salmón.
Unha cullerada de mahonesa
sal e pementa
Aínda que a orixinal non levaba, puxen un ovo cocido picado finiño.
En castellano
Ingredientes (las cantidades dependen de los comensales y de los gustos de cada uno)
Aguacate
Gambitas peladas cocidas (para un aguacate yo puse un buen puñado), también podemos poner en su lugar atún o salmón.
Una cucharada de mayonesa
sal y pimienta
Aunque la original no llevaba, puse un huevo cocido picado finito.



Elaboración
- A elaboración é ben sinxela. Buscamos uns aguacates no seu punto, maduriños. Cortámolos pola metade e baleirámolos. Rociamos a carne do aguacate cunhas pingas de limón para que non se oxide e cun garfo machucamos ben a polpa, salpimentamos ao noso gusto.
- Incorporamos as gambiñas cortadas finiñas (ou o atún, ou salmón) e o ovo, e a mahonesa. Mesturamos ben e introducimos nas metades baleiras do aguacate.
- A min paréceme, tamén, unha proposta perfecta presentalo con tostas para untarlas, está delicioso.



En castellano
Elaboración
- La elaboración es bien sencilla. Buscamos unos aguacates en su punto, maduritos. Los cortamos por la mitad y los vaciamos. Rociamos la carne del aguacate con unas gotas de limón para que no se oxide y con un tenedor machacamos bien la pulpa, salpimentamos a nuestro gusto.
- Incorporamos las gambitas cortadas finitas (o el atún, o salmón) y el huevo, y la mayonesa. Mezclamos bien e introducimos en las mitades vacías del aguacate.
- A mi me parece una propuesta perfecta presentarlo con tostas para untarlas, está delicioso.
sábado, 13 de julio de 2013

TORTA DE CREMA E FROITAS

Ás veces os humanos non nos entendemos, un quere dicir algo e o outro entende o contrario, que difícil, obcecámonos na nosa idea e dá igual o que nos expliquen e cantos exemplos nos poñan. Resulta ademais bastante frustrante ver como a mensaxe que querías transmitir quedou totalmente distorsionada e lle deron a volta de tal forma que a imaxe que se levan non ten nada que ver coa realidade. Como unhas simples palabras poden dar un xiro de 180º a unha determinada situación cambiándoo todo, tendo, ata, unha imaxe diferente de alguén, cambiando o concepto que se tiña desa persoa e só porque cando querías dicir branco entenderon negro? Logo de mil cousas, ou mil palabras ou actos bos só unhas poucas palabras, que non malas nin con mala intención, poden revolver todo e convertelo en lodo, só porque non recollemos ben a mensaxe e non queremos entendelo doutro xeito. Fixémonos a nosa propia imaxe da realidade e xa é moi difícil cambiala.
Por poñer un exemplo, ás veces a simple explicación de que non temos que dar explicacións da nosa vida, que a ninguén lle importa o que facemos, a donde imos ou de onde vimos ou con quen estamos, iso pódese interpretar, e ten que haber unha razón de fondo, que o que se quere é realmente o contrario, un control de movementos ou unha necesidade de explicacións e non, resulta que non necesitamos explicacións, que cada un é dono da súa vida e dos seus sentimentos. Ninguén debe verse obrigado a nada e menos si non nos unen lazos de ningún tipo, dado que a amizade é moi efémera. Está ben cumprir coas obrigacións, pero non crealas. Doe cando alguén che bota en cara algo ou che culpa de algo e realmente querías transmitir o contrario, pero unha vez que se fixo esa idea dá igual como o expliques despois, xa quedou unha mancha e hai manchas que non saen nunca. 
Existen almas libres, nobres e puras que só loitan por existir e permanecer e precisamente por ser libres, nobres e puras creen na liberdade, nos lazos que se desatan e que logo se poden volver atar, nos bos sentimentos, en non crear obrigacións, en que o que se comparta sexa desinteresado e xeneroso. A amizade non é esixencia, o agarimo e o afecto non son esixencia, deben fluír e si un amigo che pide que non é necesario que se creen obrigacións con el, é precisamente iso o que quere dicir e non o contrario porque como alma libre, nobre e pura cre que os demais teñen mellores cousas que atender que a súa compañía e pode esperar, sempre estará aí, esperando... 
Non tiña pensado publicar esta receita porque é demasiado simple , unha base de masa crebada, crema pasteleira e froita, non fai falta nin receita, todos os que facemos repostería na casa sabemos facelo só con mirar. As fotos fíxenas correndo e non hai foto do corte. A verdade é que quedou tan rica, saíu coas medidas perfectas para un molde de 24 cm que se merece unha entrada.




En castellano
A veces los humanos no nos entendemos, uno quiere decir algo y el otro entiende lo contrario, que difícil, nos obcecamos en nuestra idea y da igual lo que nos expliquen y cuantos ejemplos nos pongan. Resulta además bastante frustrante ver como el mensaje que querías transmitir ha quedado totalmente distorsionado y le han dado la vuelta de tal forma que la imagen que se llevan no tiene nada que ver con la realidad. Cómo unas simples palabras pueden dar un giro de 180º a una determinada situación cambiándolo todo, teniendo, incluso, una imagen diferente de alguien, cambiando el concepto que se tenía de esa persona y solo porque cuando querías decir blanco han entendido negro? Después de mil cosas, o mil palabras o actos buenos solo unas pocas palabras, que no malas ni con mala intención, pueden revolver todo y convertirlo en fango, solo porque no recogemos bien el mensaje y no queremos entenderlo de otra manera. Nos hemos hecho nuestra propia imagen de la realidad y ya es muy difícil cambiarla.
Por poner un ejemplo, a veces la simple explicación de que no tenemos que dar explicaciones de nuestra vida, que a nadie le importa lo que hacemos, a donde vamos o de donde venimos o con quien estamos, eso se puede interpretar, y tiene que haber una razón de fondo, que lo que se quiere es realmente lo contrario, un control de movimientos o una necesidad de explicaciones y no, resulta que no necesitamos explicaciones, que cada uno es dueño de su vida y de sus sentimientos. Nadie debe verse obligado a nada y menos si no nos unen lazos de ningún tipo, dado que la amistad es muy efímera. Está bien cumplir con las obligaciones, pero no creárselas. Duele cuando alguien te echa en cara algo o te culpa de algo y realmente querías transmitir lo contrario, pero una vez que se ha hecho esa idea da igual como lo expliques después, ya quedó una mancha y hay manchas que no salen nunca. 
Existen almas libres, nobles y puras que solo luchan por existir y permanecer y precisamente por ser libres, nobles y puras creen en la libertad, en los lazos que se desatan y que luego se pueden volver a atar, en los buenos sentimientos, en no crear obligaciones, en que lo que se comparta sea desinteresado y generoso. La amistad no es exigencia, el cariño y el afecto no  son exigencia, deben fluír y si un amigo te pide que no es necesario que se creen obligaciones con él, es precisamente eso lo que quiere decir y no lo contrario porque como alma libre, noble y pura cree que los demás tienen mejores cosas que atender que su compañía y puede esperar, siempre estará ahí, esperando...
No tenía pensado publicar esta receta porque es demasiado simple , una base de masa quebrada, crema pastelera y fruta, no hace falta ni receta, todos los que hacemos repostería en casa sabemos hacerlo solo con mirar. Las fotos las hice corriendo y no hay foto del corte. La verdad es que quedó tan rica, salió con las medidas perfectas para un molde de 24 cm, que se merece una entrada.




Elaboración
Masa crebada 
200 g de harina
75 g de mantequilla
60 g de azucre
1 ovo
1 pizca de sal
Crema pastelera 

200 ml de nata
300 ml de leite
3 xemas de ovo
3 culleradas de maizena
4 culleradas de azucre
Para a cobertura
1 folla de xelatina
1 dedo de auga nun vaso
O zume de medio limón.

As froitas que nos gusten
Elaboración
Masa quebrada
200 g de harina
75 g de mantequilla
60 g de azúcar
1 huevo
1 pizca de sal
Crema pastelera
200 ml de nata
300 ml de leche
3 yemas de huevo
3 cucharadas de maizena
4 cucharadas de azúcar
Para la cobertura
1 hoja de gelatina
1 dedo de agua en un vaso
El zumo de medio limón.
Las frutas que nos gusten



Elaboración
Masa
- Mesturar a fariña co azucre e o sal. Incorporar a manteiga fregando cos dedos ata que se forme unha textura areosa. Agregar o ovo e formar a masa. Métese na neveira durante 30 minutos a 1 hora ( ou uns 15-20 min no conxelador, así é máis rápido)
- Unha vez un pouco endurecida a masa estírase. Eu fágoo encima dun papel de fornear e film por encima ou entre dous filmes.
- Colócase a masa, coa axuda do papel de fornear nun molde engraxado e enfariñado, se é antiadherente non fai falta. Pasamos o rodete polos bordos do molde e retiramos a masa sobrante, coa que podemos facer unhas galletas ou cubrir unhas tarteletas máis pequenas. Picamos a masa cun garfo.
Neste punto quero facer unhas puntualizacións: A masa logo de pasarlle o rodete parece que está moi grosa no bordo, déixase así, porque se se deixa máis fina é moi difícil de despegar, só se retiran ben os restos de masa. O molde ideal é un molde baixiño, estriado e de metal e se é antiadherente mellor.
- Cubrimos a masa con papel de fornear e encima colocamos uns garavanzos.
- Introducimos no forno prequecidodo a 180º durante 30 minutos. Nos últimos 10 minutos retirei o papel cos garavanzos.
- Deixamos arrefriar.
Crema pasteleira
- Quentar o leite coa nata no micro ata ferver e deixalo amornar.
- Nun cazo bótanse as xemas, o azucre, a maicena e unha ou dúas culleradas de leite frío. Remexer todo ata que se mesture e forme unha crema fina.
- Cando o leite estea morno, poñemos no lume a crema que fixemos e incorporámoslle o leite pouco a pouco. É mellor non botarllo todo (algo máis da metade) e que lume non estea moi forte (medio alto). Reméxese e mézclase ben. Pódese ir subindo a temperatura pouco a pouco para que ferva ata que espese. Logo vaiselle incorporando o resto do leite ata conseguir o espesor desexado.
Cobertura de xelatina.
- Poñemos a remollar en auga fría, durante 5 minutos, unha folla de xelatina.
- Fervemos, no micro, un dedo de auga nun vaso. Engadímoslle o zume de limón e desfacemos no líquido a folla de xelatina que tivemos a remollar.
-Unha vez fría esta mestura usámola para pintar as froitas da torta. Quedará un aspecto máis brillante.
Montaxe da torta.
- Repartimos a crema pasteleira na masa que previamente forneamos e decoramos ao noso gusto coas froitas.
- Para que o aspecto das froitas se manteña pintámolas coa mestura de xelatina.
- Debe estar unhas horas na neveira antes de ser consumida, polo menos hasta que calle a xelatina.




En castellano
Elaboración
Masa
- Mezclar la harina con el azúcar y la sal. Incorporar la mantequilla frotando con los dedos hasta que se forme una textura arenosa. Agregar el huevo y formar la masa. Se mete en la nevera durante 30 minutos a 1 hora ( o unos 15-20 min en el congelador, así es más rápido)
- Una vez un poco endurecida la masa se estira. Yo lo hago encima de un papel de hornear.
- Se coloca la masa, con la ayuda del papel de hornear en un molde engrasado y enharinado. Pasamos el rodillo por los bordes del molde y retiramos la masa sobrante, con la que podemos hacer unas galletas o cubrir unas tarteletas más pequeñas. Pinchamos la masa con un tenedor.
En este punto quiero hacer unas puntualizaciones: La masa después de pasarle el rodillo parece que está muy gruesa en el borde, se deja así, porque si se deja más fina es muy difícil de despegar, solo se retiran bien los restos de masa. El molde ideal es un molde bajito, estriado y de metal y si es antiadherente mejor. Yo lo hice en un molde de cristal.
- Cubrimos la masa con papel de hornear y encima colocamos unos garbanzos.
- Introducimos en horno precalentado a 180º durante 20 minutos. En los últimos 5 minutos retiré el papel con los garbanzos. Cuando vemos que los bordes están dorados, retiramos y dejamos enfriar.
De la crema pastelera
- Calentar la leche en el micro hasta hervir y dejarlo templar.
- En un cazo se echan las yemas, el azúcar, la maicena y una o dos cucharadas de leche fría. Batir todo hasta que se mezcle y me forme una crema fina.
- Cuando la leche esté tibia, ponemos en el fuego la crema que hicimos y le incorporamos la leche poco a poco. Es mejor no echárselo todo (algo más de la mitad) y que el fuego no esté muy fuerte (medio alto). Se bate y se mezcla bien. Se puede ir subiendo la temperatura poco a poco para que hierva hasta que espese. Luego se le va incorporando el resto de la leche hasta conseguir el espesor deseado (ni muy líquido ni muy compacto, hay que tener en cuenta que cuando enfría cuaja bastante)

Cobertura de gelatina.
- Ponemos a remojar en agua fría, durante 5 minutos, una hoja de gelatina.
- Hervimos, en el micro, un dedo de agua en un vaso. Le añadimos el zumo de limón y deshacemos en el líquido la hoja de gelatina que tuvimos la remojar.
- Una vez fría esta mezcla la usamos para pintar las frutas de la tarta. Quedará un aspecto más brillante.
Montaje de la tarta.
- Repartimos la crema pastelera en la masa que previamente horneamos y decoramos a nuestro gusto con las frutas.
- Para que el aspecto de las frutas se mantenga las pintamos con la mezcla de gelatina.
- Debe estar unas horas en la nevera antes de ser consumida, por lo menos hasta que cuaje la gelatina.



jueves, 4 de julio de 2013

CREMA DE ESPÁRRAGOS TRIGUEROS

En ocasións solto reflexións aquí, case sempre son reflexións froito da observación logo de analizar determinadas reaccións e actuacións das persoas que me rodean. É curioso como producen máis impacto en nós accións negativas e daninas, fan máis cicatriz e espértanse máis sensacións. Tendemos a expresar máis o negativo e a obviar o positivo. Se analizamos o noso día a día temos máis momentos positivos que negativos, rodeámosnos de máis xente positiva que negativa, con todo desbordamos máis co negativo. Aínda así vivimos situacións deliciosas con xente fantástica que quedarán sempre no recordo e que farán que esbocemos un sorriso ou ata brote unha bágoa de nostalxia. Parecía que o meu discurso era positivo, o é, está cheo de bos sentimentos, está cheo de alegría, está cheo de moi bos momentos. Alégrome tanto de ter coñecido a algunhas persoas e de vivir con elas momentos fantásticos, que aínda que seguro que non serán os últimos serán distintos. Quedarán para sempre as bromas, os sorrisos, os abrazos e todo o agarimo que nos temos. Pasa xente pola nosa vida que nos gustaría que se quedase para sempre, pero determinadas circunstancias fan non poida ser así, o que seguro quedará será un sentimento agradable, moi agradable cando os nosos pensamentos se trasladen a todos eses bos recordos. Debo dar as grazas a esa xente que nos enche, a esas persoas ás que acabas querendo e das que tes que aprender a desprenderte, pero que che deixan chea de momentos inesquecibles. É doloroso ver como se afastan, ver como as súas vidas non poden discorrer ao teu lado, pero temos que aprender a estar sen elas e volver aprender a vivir o día a día sen a súa presenza, ao principio custará, despois quedará un recordo fantástico e ese sorriso e o afecto que nos tivemos nunca desaparecerá diso estou segura.
A receita de hoxe é moi sinxeliña, saborosa e sanota. Realmente débolla a Patt de Cocinando para Lola, un día falando que verduras nos gustaban máis faloume desta cremiña e de que as súas nenas a comían moi ben, pregunteille como facía e decidinme a probar, encantoume. Si é que a Patt sabe moito.





En castellano

En ocasiones suelto reflexiones aquí, casi siempre son reflexiones fruto de la observación después de analizar determinadas reacciones y actuaciones de las personas que me rodean. Es curioso como producen  más impacto en nosotros acciones negativas y dañinas, hacen más cicatriz y se despiertan más sensaciones. Tendemos a expresar más lo negativo y a obviar lo positivo. Si analizamos nuestro día a día tenemos más momentos positivos que negativos, nos rodeamos de más gente positiva que negativa, sin embargo desbordamos más con lo negativo. Aún así vivimos situaciones deliciosas con gente fantástica que quedarán siempre en el recuerdo y que harán que esbocemos una sonrisa o incluso brote una lágrima de nostalgia. Parecía que mi discurso era positivo, lo es, está lleno de buenos sentimientos, está lleno de alegría, está lleno de muy buenos momentos. Me alegro tanto de haber conocido a algunas personas y de vivir con ellas momentos fantásticos, que aunque seguro que no serán los últimos serán distintos. Quedarán para siempre las bromas, las sonrisas, los abrazos y todo el cariño que nos tenemos. Pasa gente por nuestra vida que nos gustaría que se quedara para siempre, pero determinadas circunstancias hacen no pueda ser así,  lo que seguro quedará será un sentimiento agradable, muy agradable cuando nuestros pensamientos se trasladen a todos esos buenos recuerdos. Debo dar las gracias a esa gente que nos llena, a esas personas a las que acabas queriendo y de las que tienes que aprender a desprenderte, pero que te dejan llena de momentos inolvidables. Es doloroso ver como se alejan, ver como sus vidas no pueden discurrir a tu lado, pero tenemos que aprender a estar sin ellas y volver a aprender a vivir el día a día sin su presencia, al principio costará, después quedará un recuerdo fantástico y esa sonrisa y el afecto que nos tuvimos nunca desaparecerá de eso estoy segura.
La receta de hoy es muy sencillita, sabrosa y sanota. Realmente se la debo a Patt de Cocinando para Lola, un día hablando que verduras nos gustaban más me habló de esta cremita y de que sus nenas la comían muy bien, le pregunté como hacía y me decidí a probar, me encantó. Si es que la Patt sabe mucho.





Ingredientes

Unha cebola pequena
Un dente de allo
Un trociño de pemento verde
Dous manoxos de espárragos verdes
Unha pataca grande
Aceite de oliva e sal
Ingredientes
Una cebolla pequeña
Un diente de ajo
Un trocito de pimiento verde
Dos manojos de espárragos verdes
Una patata grande
Aceite de oliva y sal




Elaboración

- Cubrimos o fondo dunha pota con aceite de oliva, rehogamos a cebola e o allo, ben picadiños.
- Engadimos o pemento cortado fino, deixamos que se ablande todo un pouco. 
- Incorporamos os espárragos e a pataca cortados en anacos e cubrimos con auga ou caldo e salgamos a gusto. Deixamos cocer durante uns 40 minutos.
- Unha vez cocido trituramos todo coa batidora.
- Podemos poñerlle un pouco de queixo raiado.
Elaboración

- Cubrimos el fondo de una olla con aceite de oliva, rehogamos la cebolla y el ajo, bien picaditos
- Añadimos el pimiento cortado fino, dejamos que se ablande todo un poco. 
- Incorporamos los espárragos y la patata cortados en trozos y cubrimos con agua o caldo. Dejamos cocer durante unos 40 minutos.
- Una vez cocido trituramos todo con la batidora.
- Podemos ponerle un poco  de queso rallado.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...