sábado, 31 de mayo de 2014

PASTA AL NERO DI SEPIA CON LANGOSTINOS, COGOMELOS E SALSA DE CENTOLO.

PASTA AL NERO DI SEPIA CON LANGOSTINOS, SETAS Y SALSA DE CENTOLLO
Pufff, que subidón. Acabo de entrar ao blogue para montar esta entrada e atópome cun comentario sen moderar. Léoo e debúxaseme un sorriso. É dunha anónima, por iso non podo dar as grazas personalizadas, aínda así grazas. A todos nos gusta ler este tipo de cousas: "Encantame todas as tuas recetas. Son adicta as masas dulces e o teu blog e un dos mellores,sin duda,xunto con dulce algodon q tamen e xenial. Dame moita pena q xa non escribadess tan a menudo como antes( os 2blogs son os meus favoritos)pero sempre paso por aqui,por si acaso..moitas grazas por todas as receitas q nos tes ensinado. Es maravillosa! Unha aperta"

O anterior non entraba nos meus plans escribilo, pero non puiden resistirme, é bo compartir as pequenas alegrías que ten un día calquera de forma inesperada.

Voume a centrar agora na receita de hoxe. Non podía deixar de publicala, é unha auténtica delicia, fácil e rápida e á vez ideal para sorprender, quedar ben, celebrar...
Todo empezou cun fantástico agasallo de aniversario que recibín dun gran amigo. Fíxome chegar por correo unha caixa chea de conservas, de boas conservas, das de calidade, que se poden adquirir en Santiago de Compostela, en Catrineta para ser máis exactos. Teño que confesar que aínda non os visitei, pero seguro que o farei próximamente e máis logo de preparar a receita de hoxe.
Pois ben, entre todos os produtos cos que me obsequiou había dúas latiñas de paté de marisco, unha de centolo e outra de nécora. Nin que dicir ten que son riquísimas as dúas. Abrín primeiro a de nécora, que se acabou nun tris untado en pan, e ao primeiro bocado e inhalando o delicioso cheiro veume á cabeza a posibilidade de facer unha salsiña con ese paté. Como me quedaba a outra lata, a de centolo, pois decidín probar. Miña nai, que salsa tan deliciosa e tan delicada. Eu optei por acompañala con pasta nero di sepia, pero para acompañar a un peixe tampouco ten desperdicio. 
Pois ben, que agora xa creei unha necesidade e teño que ir a por máis latas.



En castellano
Pufff, que subidón. Acabo de entrar al blog para montar esta entrada y me encuentro con un comentario sin moderar. Lo leo y se me dibuja una sonrisa. Es de una anónima, por eso no puedo dar las gracias personalizadas, aún así gracias. A todos nos gusta leer este tipo de cosas: "Encantame todas as tuas recetas. Son adicta as masas dulces e o teu blog e un dos mellores,sin duda,xunto con dulce algodon q tamen e xenial. Dame moita pena q xa non escribadess tan a menudo como antes( os 2blogs son os meus favoritos)pero sempre paso por aqui,por si acaso..moitas grazas por todas as receitas q nos tes ensinado. Es maravillosa! Unha aperta"

Lo anterior no entraba en mis planes escribirlo, pero no pude resistirme, es bueno compartir las pequeñas alegrías que tiene un día cualquiera de forma inesperada.

Me voy a centrar ahora en la receta de hoy. No podía dejar de publicarla, es una auténtica delicia, fácil y rápida y a la vez ideal para sorprender, quedar bien, celebrar...
Todo empezó con un fantástico regalo de cumpleaños que recibí de un gran amigo. Me hizo llegar por correo una caja llena de conservas, de buenas conservas, de las de calidad, que se pueden adquirir en Santiago de Compostela, en Catrineta para ser más exactos. Tengo que confesar que todavía no los he visitado, pero seguro que lo haré próximamente y más después de preparar la receta de hoy.
Pues bien, entre todos los productos con los que me obsequió había dos latitas de paté de marisco, una de centollo y otra de nécora. Ni que decir tiene que son riquísimas las dos. Abrí primero la de  nécora, que se acabó en un tris untado en pan, y al primer bocado e inhalando el delicioso olor me vino a la cabeza la posibilidad de hacer una salsita con ese paté. Como me quedaba la otra lata, la de centollo pues decidí probar. Madre mía, que salsa tan deliciosa y tan delicada. Yo he optado acompañarla con pasta nero di sepia, pero para acompañar a un pescado tampoco tiene desperdicio. 
Vamos, que ahora ya he creado una necesidad y tengo que ir a por más latas.



Ingredientes (para unha ración completiña)
Pasta ao nero di sepia
6 langostinos
Cogomelos (no meu caso, tres ou catro champiñóns port grandes)
1 ceboleta ou unha cebola pequena
1 dente de allo
125 ml de nata para cociñar
70 gr de paté de centolo
sal e aceite de oliva
En castellano
Ingredientes (para una ración completita)
Pasta al nero di sepia
6 langostinos
Setas (en mi caso, tres o cuatro champiñones port grandes)
1 cebolleta o una cebolla pequeña
1 diente de ajo
125 ml de nata para cocinar
70 gr de paté de centollo
sal y aceite de oliva




Preparación
- Cubrir o fondo dunha tixola con aceite de oliva. Cando estea quente marcamos os langostinos, ata que cambien de cor, por ambos lados, salgámolos un pouco. Ao estar listos retirámolos da tixola e reservamos e pelámolos cando estean fríos.
- No mesmo aceite salteamos as setas que previamente limpamos e laminados e salgámolas un pouquiño. Cando estean listos retirámolos e reservamos.
- No aceite que queda, si é pouco engadimos un pouco máis, pochamos a cebola e o allo, picados ben finiños, ata que quede traslúcida. Engadimos a nata, mesturamos ben e a continuación engadimos o paté e integrámolo ben ata formar a salsa. Se queremos que quede ben finiña pasámola polo batedor.
- Só temos que cocer a pasta como nos indica o fabricante e mesturar todo, regado coa deliciosa salsa.



En castellano
Preparación
- Cubrir el fondo de una sartén con aceite de oliva. Cuando esté caliente marcamos los langostinos, hasta que cambien de color, por ambos lados, los salamos un poco. Al estar listos los reitamos de la sartén y reservamos. Cuando estén fríos los pelamos.
- En el mismo aceite salteamos las setas que previamente hemos limpiado y laminado y las salamos un poquito. Cuando estén listos los retiramos y reservamos.
- En el aceite que queda, si es poco añadimos un poco más, pochamos la cebolla y el ajo, picados bien finitos, hasta que quede traslúcida. Añadimos la nata, mezclamos bien y a continuación añadimos el paté y lo integramos bien hasta formar la salsa. Si queremos que quede bien finita la pasamos por la batidora.
- Solo tenemos que cocer la pasta como nos indica el fabricante y mezclar todo, regado con la deliciosa salsa.

Y el paté untadito en una tostada también está divino.

Y mi regalazo. Menudo surtido que estoy disfrutando. Gracias Óscar, tú si que sabes hacer regalos.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...