martes, 26 de septiembre de 2017

ESPIRAIS DE NOCES.

ESPIRALES DE NUECES

Este é outro deses experimentos que tanto me gustan a min. Nin probei o orixinal, pero a min se me provocan  con algo aí estou experimentando.
 Resulta que a miña amiga Paula comprou un brioche con noces nunha cafetería de A Coruña ao cal denominaron "caroleiro", que ao parecer é moi popular dunha pasteleria de Santa Cruz. Ela díxome que era riquísimo, foi suficiente para intentar reproducilo, ao meu xeito, claro, porque eu non o probei, só vin unha foto. Por suposto,  deille a Paula una anaco, díxome que non era igual, pero que estaba mellor (encántanme as miñas amistades, sempre está mellor o meu).
Teño ganas de probar o orixinal e poder determinar se acertei en algo. Aínda que non acertara o experimento resultou espectacular e non o digo eu soa, dixérono todos os que o probaron. Pasa a ser un dos meus habituais para sempre. Merecía unha entrada para que o mundo tivera a oportunidade de poder facer esta marabilla.

En castellano
Este es otro de esos experimentos que me gustan a mi. Ni probé el original, pero a mi si me provocan con algo ahí estoy experimentando.
Resulta que mi amiga Paula compró un brioche con pasas en una cafetería de A Coruña, al que denominaron "caroleiro", que al parecer es muy popular en una pastelería de Santa Cruz. Ella me dijo que estaba riquísimo, eso fue suficiente para que intentara reproducirlo, eso sí, sin ni siquiera probarlo, solo de foto. Por supuesto, le di un trozo a Paula, y su comentario fue que no era exactamente igual, pero que estaba mejor el mío ( da gusto tener amistades que siempre me dicen que está mejor lo que hago yo).
Tengo ganas de probar el original y determinar lo que me he aproximado. De todas formas, se aproxime o no, el intento ha valido la pena porque está delicioso, y no lo digo solo yo, todos los que lo han probado lo confirman. Pasa a ser uno de mis habituales, de mis clásicos para siempre.
Esta delicia se merecía una entrada y que el mundo pueda hacerla y disfrutarla.







Ingredientes
Masa 
500 g de fariña de forza (harimsa)
50 g de masa nai (se non temos podemos facer un prefermento con 30 g de fariña e 30 g de auga e unha punta de coitelo de levadura)
2 g de levadura de panadería (de maizena) 
100 g de leite 
100 g de nata
3 ovos  (deixando un pouco para pintar)
8 g de sal
100 g de azucre
Esencia de vainilla ou azucre vainilla
100 g de manteiga a temperatura ambiente
Recheo 
80 g de manteiga a temperatura ambiente 
60 g de azucre branco
200 g de noces
Glaseado
50 g de manteiga
50 g de azucre



En castellano
Masa
500 g de harina de fuerza (harimsa)
5 g de masa madre (si no tenemos podemos hacer un prefermento con 30 g de agua, 30 g de harina y una punta de chuchillo de lavadura)*
2 g de levadura de panadería (de maizena)
100 g de leche 
3 huevos (dejamos un poco para pintar)
8 g de sal
100 g de azúcar
Azúcar vainilla o esencia
100 g de mantequilla a temperatura ambiente
Relleno
80 g de mantequilla a temperatura ambiente
60 g de azúcar blanco
Glaseado
50 g de mantequilla
50 g de azúcar



Elaboración
Masa
 Usei 50 g de masa nai porque lle teño moita querencia, pero non todo o mundo ten masa nai. A miña experiencia dime que coa masa nai queda unha masa final mellor. Se non temos masa nai, evidentemente, non a podemos usar, pero podemos elaborar un prefermento. O día antes de elaborar a masa mesturamos 30 g de auga con 30 g de fariña e unha pizquiña de levadura (unha puntiña de coitelo). Deixámolo repousar un día na neveira ou unhas dez hrs a temperatura ambiente.
- Neste caso usei a panificadora. Introdúcense primeiro os líquidos: leite, nata, ovos, masa nai ou prefermento , o sal, o azucre, azucre vainilla ou esencia e para rematar a fariña e a levadura. Eu doulle tres amasados no programa de só amasado. Incorporo a manteiga no segundo amasado. Cando remata quito a masa da cubeta, boleo e déixoa fermentado nun recipiente lixeiramente enfariñado.
- Deixamos fermentar por espazo dunha ou dúas horas, dependendo da temperatura ambiente, ata que a masa duplique o seu volume. Nalgunhas ocasións meto a masa na neveira durante toda a noite. Cando deixamos fermentar a masa sempre debe estar tapada con film.
- Si non temos panificadora: poñemos a fariña coa levadura e o azucre nun recipiente amplo, mesturamos; incorporamos, o leite, nata, ovos e o sal. Amasamos, cando estean unidos os ingredientes pasamos á encimera e amasamos. Debemos amasar moito de xeito que a masa quede elástica.
- En canto colla textura de masa incorporamos a manteiga a temperatura ambiente e seguimos amasando. A manteiga tamén a podemos incorporar ao principio, é dicir, coa fariña, frotando cos dedos a manteiga coa fariña ata que estea totalmente incorporada, despois engádense o resto dos ingredientes.
 - Unha vez fermentada estiramos a masa en forma de rectángulo nunha superficie lixeiramente enfariñada.
- Untamos a superficie da masa coa manteiga branda e por encima esparcimos as noces lixeiramente troceadas (eu trocéaoas  na propia bolsa antes de abrila, pasándolle o rodelo ou con un martelo) e espearcimos o azucre. Tamén podemos mesturar o azucre coa manteiga.




- Envolvemos a masa en forma de rulo, eu fágoo pola parte máis longa.
- O rulo formado divídoo en 12 porcións porque son as que se axeitan ao molde que uso, un molde de cristal de 24x32. Dispoñemos as porcións no molde cuberto con papel de fornear ou enmanteigado.




-  Tapamos e deixamos que fermenten, ata dobrar o seu volume. En ocasións métoo na neveira toda a noite e logo a temperatura ambiente un par de horas, todo depende da temperatura ambiente.
- Pintamos con ovo a superficie.
- Forneamos a 180º durante media hora. Si vemos que se doura demasiado na superficie cubrimos con papel de prata.
- Cando o sacamos do forno pintamos con manteiga e espolvoreamos azucre.





En castellano
Elaboración
Masa
*Yo usé 50 g de masa madre porque le tengo mucha querencia, pero no todo el mundo tiene masa madre. Mi experiencia me dice que con la masa madre queda una masa final mejor. Si no tenemos masa madre, evidentemente, no la podemos usar, pero podemos elaborar un prefermento. El día antes de elaborar la masa mezclamos 30 g de agua con 30 g de harina e una pizquita de levadura (una puntita de cuchillo). Lo dejamos reposar un día en la nevera o unas diez hrs a temperatura ambiente.

- En este caso he usado la panificadora. Se introducen primero los líquidos: leche, masa madre o el prefermento, nata, huevos, la sal, el azúcar, la esencia de vainilla o azúcar vainilla y por último la harina y la levadura. Cuando se forma la masa incorporamos la mantequilla blanda. Yo le doy tres amasados en el programa de solo amasado, incorporo la mantequilla en el segundo amasado. Al acabar quito la masa de la cubeta, boleo y la dejo fermentado en un recipiente ligeramente enharinado. Tapamos la masa para que no se reseque.
- Dejamos fermentar por espacio de una o dos horas, dependiendo de la temperatura ambiente, hasta que la masa duplique su volumen. En algunas ocasiones meto la masa en la nevera durante toda la noche.
- Si no tenemos panificadora: ponemos la harina con la levadura y el azúcar en un recipiente amplio, mezclamos; incorporamos, la leche,nata, masa madre o prefermento, los huevos, la esencia  y la sal. Amasamos, cuando estén unidos los ingredientes pasamos a la encimera y amasamos. Necesita mucho amasado para que nos quede una masa esponjosa, el amasado Betinet es el más indicado.
- En cuanto coja textura de masa incorporamos la mantequilla a temperatura ambiente y seguimos amasando. La mantequilla también la podemos incorporar al principio, es decir, con la harina, frotando con los dedos la mantequilla con la harina hasta que esté totalmente incorporada, después se añaden el resto de los ingredientes.




- Una vez fermentada estiramos la masa en forma de rectángulo en una superficie ligeramente enharinada. 
- Untamos la superficie de la masa con la mantequilla blanda y por encima esparcimos las nueces picadas y el azúcar.
- Enrollamos la masa formando un rulo, yo lo hago por la parte más larga.
- Cortamos porciones, yo hago 12 porciones porque es el número ideal para el molde que uso de 24x32, que vamos disponiendo en una bandeja de horno cubierta con papel de hornear o engrasada. Disponemos las porciones un poco separadas, al fermentar ya se unirán.
- Tapamos y dejamos que fermenten hasta doblar su volumen, el tiempo depende de la temperatura ambiente. También podemos dejarlo en la nevera durante toda la noche y sacarlo un par de horas antes de hornear.
- Pintamos con huevo.
- Horneamos a 180º durante media hora. Si vemos que se dora demasiado en la superficie cubrimos con papel de plata.
- Al sacarlo del horno lo pintamos con mantequilla y espolvoreamos con azúcar.


miércoles, 23 de agosto de 2017

A TORTA DE CHOCOLATE


LA TARTA DE CHOCOLATE

Pois si, podemos dicir que se trata de A TORTA DE CHOCOLATE, así con maiúsculas, en negriña e subliñado. Debo dicir que non son moi fan das tortas de chocolate, iso faina aínda mellor, porque encantoume. A pesar de non ser fan das tortas de chocolate, si tiña a teima de facer unha torta chocolatosa a tope. O detonante desta foi atopar no super  unhas grosellas e dicirme " que bonitas quedarían decorando unha torta de chocolate". Empecei na procura dunha torta, tomei nota, mirei varias, fixen apuntes e finalmente elaborei a miña receita, a partir de outras. E acertei de cheo porque aos que morren polas tortas de chocolate encantaralles e aos que non nos entusiasman tamén.

En castellano
Pues sí, podemos decir que se trata de LA TARTA DE CHOCOLATE, así con mayúsculas, en negrita y subrayado. Debo decir que no soy muy fan de las tartas de chocolate, eso la hace todavía mejor, porque me encantó. A pesar de no ser fan de las tartas de chocolate, si tenía el capricho de hacer una tarta chocolatosa a tope. E detonante de esta fue encontrar en el super unas grosellas y decirme " que bonitas quedarían decorando una tarta de chocolate". Empecé a buscar la tarta ideal, tomé nota, miré varias, hice apuntes y finalmente elaboré mi receta, a partir de otras. Y acerté de pleno porque a los que mueren por las tarta de chocolate les encantará y a los que no le entusiasman también.





INGREDIENTES (para molde de 18 cm)
Biscoito
2 ovos
280 g de azucre
120 g de aceite (xirasol ou oliva suave)
240 ml de buttermilk
1 culleradiña de concentrado de vainilla
220 g de fariña
60 g de cacao
culleradiña de royal e de bicarbonato
120 g de auga morna, ou café. Eu púxenlle café soluble.
Cobertura e recheo
200 ml de nata
250 g de chocolate para postres
70 g de manteiga
Marmelada de framboesa, de kiwi, de laranxa... (é opcional, aínda que lle da un toque moi bo)

En castellano
Ingredientes (para molde de 18 cm)
Bizcocho
2 huevos
280 g de azúcar
120 g de aceite (de girasol u oliva suave)
240 ml de buttermilk
1 cucharadita de concentrado de vainilla
220 g de harina
60 g de cacao
Cucharadita de royal y de bicarbonato
120 g de agua templada, o café (en este caso le puse al agua una cucharadita de café soluble)
Cobertura y relleno
200 ml de nata
250 g chocolate de cobertura
70 g de mantequilla
Mermelada de frambuesa, de kiwi, de naranja... ( es opcional, aunque le dará un toque muy bueno)



ELABORACIÓN
Primeiro explicar que é iso da Buttermilk. Pois non sei se se pode atopar nos supermercados, eu nunca a vin. Pero pódese facer na casa de dúas formas:
Método 1: engadirlle a 240 ml de leite enteira unha culleradiña de limón ou de vinagre e deixar repousar. O leite cortarase e xa temos a buttermilk.
Método 2: Bater 500 ml de nata, bater sen piedade ata que vexamos que se separa en líquido e sólido. O líquido é a buttermilk e o sólido é manteiga. Escorrémolo cun pano de algodón e xa temos as dúas substancias marabillosas. A manteiga é cremosa e fantástica.
A min persoalmente gústame máis o método 2, aínda que o 1 para unhas prisas tamén nos vale.


En castellano
ELABORACIÓN
Primero explicar que es eso de la buttermilk. Pues no sé si se puede encontrar en los supermercados, yo no la vi nunca. Pero se puede hacer en casa de dos formas:
Método 1: agregarle a 240 ml de leche entera, una cucharadita de limón o de vinagre y dejar reposar. La leche se cortará y ya tenemos la buttermilk.
Método 2: batir 500 ml de nata, batir sin piedad hasta que veamos que se separa en líquido y sólido. El líquido es la buttermilk y el sólido es mantequilla. Lo escurrimos con un  paño de algodón y ya tenemos las dos sustancias maravillosas. La mantequilla es cremosa y fantástica.
A mi personalmente me gusta más el método 2, aunque el 1 para unas prisas también nos vale.





Biscoito
- Bater os ovos co azucre ata que queden cremosos.
- Incorporar pouco a pouco o aceite e seguir batendo. A continuación facemos o mesmo coa buttermilk e a vainilla.
- Por outra banda temos a fariña, o royal, o bicarbonato e o cacao. Mesturámolo co anterior ata que estea perfectamente incorporado.
- Por último engadimos a auga morna ou café. Se poñemos café prometo que non se nota nada, din que se intensifica máis o sabor do chocolate. 
- Metemos a masa nun molde de 18 cm cuberto con papel de forno ou enmanteigado e enfariñado.
- Introducimos no forno xa quente a 200º durante 20 min, baixar a 180º con ventilador media hr máis (aclarar que esto vai ben no meu forno, cada un debe saber como vai mellor o seu forno cos biscoitos).
- Deixamos enfriar e cortamos en dous. Se se foma copete e queremos que a torta quede lisa, igualámolo cortándolle o copete.
Recheo e cobertura
- Quentamos os 200 ml de nata, engadimos o chocolate e a manteiga e mesturamos ata que o chocolate e a manteiga se derretan.
- Deixámolo repousar ata que enfríe. Podemos metelo unha hr na neveira para que colla máis consistencia.
Montaxe da torta
- Untamos unha das metades do biscoito coa crema de chocolate. cubrimos coa outra. Para que quede máis bonita a torta poñemos na parte superior a base do biscoito porque está máis lisa e coa forma máis perfecta. Antes de poñerlle o chocolate podemos untar con un pouco de marmelada, dalle un toque moi bo, unha marmelada un pouco áceda, de frambuesa, de kiwi ou de laranxa, son perfectas.
- Untamos toda toda a superficie da torta coa crema de chocolate, sen usala toda. Metemos na neveira e deixamos que endureza. 
Por último, untamos co resto da crema de chocolate e dámoslle a forma que máis nos guste, neste caso, como eu lle chamo, un pouco "despeiteado".
- O chocolate traballase mellor con el se está un pouco na neveira, sen chegar a estar moi duro.
- Podemos decorar co que máis nos guste, neste caso, con froitos vermellos. Creo que as froitas lle quedan moi ben, dependendo da temporada unhas ou outras, o frescor das froitas combina perfectamente co chocolate.




En castellano


Biscoito

- Batir los huevos con el azúcar hasta que queden cremosos.
- Incorporar poco a poco el aceite y seguir batiendo. A continuación hacemos lo mismo con la buttermilk y la vainilla.
- Por otra parte tenemos la harina, el royal, el bicarbonato y el cacao. Lo mezclamos con lo anterior hasta que esté perfectamente incorporado.
- Por último añadimos el agua tibia o café. Si ponemos café prometo que no se nota nada, dicen que se intensifica más el sabor del chocolate. 
- Metemos la masa en un molde de 18 cm cubierto con papel de horno o enmantequillado y enharinado.
- Introducimos en el horno ya caliente a 200º durante 20 min, bajar la 180º con ventilador media hr más (aclarar que esto va bien en mi horno, cada uno debe saber cómo va mejor su horno con los bizcochos).
- Dejamos enfriar y cortamos en dos. Si se foma copete y queremos que la tarta quede lisa, lo igualamos cortándole el copete. Esta orate será la base de la tarta.
Relleno y cobertura
- Calentamos los 200 ml de nata, añadimos el chocolate y la mantequilla y mezclamos hasta que el chocolate y la mantequilla se derritan.
- Lo dejamos reposar hasta que enfríe. Podemos meterlo una hr en la nevera para que coja más consistencia.
Montaje de la tarta
- Untamos una de las mitades del bizcocho con la crema de chocolate, cubrimos con la otra. Para que quede más bonita la tarta ponemos en la parte superior la base del bizcocho porque está más lisa y con la forma más perfecta. Antes de ponerle el chocolate podemos untar con uno poco de mermelada, le da un toque muy bueno, una mermelada uno poco ácida, de frambuesa, de kiwi o de naranja, son perfectas.
- Untamos toda toda la superficie de la tarta con la crema de chocolate, sin usarla toda. Metemos en la nevera y dejamos que endurezca. 
Por último, untamos con el resto de la crema de chocolate y le damos la forma que más nos guste, en este caso, como yo le llamo, un poco "despeinado".
- Se trabaja mejor con el chocolate si está un poco en la nevera, sin llegar a estar muy duro.
- Podemos decorar con lo que más nos guste, en este caso, con frutos rojos. Creo que las frutas le quedan muy bien, dependiendo de la temporada unas u otras, el frescor de las frutas combina perfectamente con el chocolate.


viernes, 11 de agosto de 2017

BOLOS BLAA

BOLLOS BLAA

Que marabilla de pans, son unha auténtica delicia. Os meus preferidos para o almorzo. Son perfectos, tanto valen para doce como para salgado. Sempre os teño no conxelador, non poden faltar.
Encántame o pan, son "panadicta", todo con pan sabe mellor.
Estes bolos descubrinos de casualidade, están en moitos blogues, son típicos irlandeses. Todas as receitas que vin pola rede son iguais. Pero a miña está un pouco cambiada, non sería eu se non cambio as receitas e as adapto ás miñas manías. Esta é a miña versión destes boliños tenros, delicados e saborosos.
En castellano
Que maravilla de panes, son una auténtica delicia. Mis preferidos para el desayuno. Son perfectos, tanto valen para dulce como para salado. Siempre los tengo en el congelador, no pueden faltar.
Me encanta el pan, soy "panadicta", todo con pan sabe mejor.
Estos bollos los descubrí de casualidad, están en muchos blogs, son típicos irlandeses, Todas las recetas son iguales. Peros la mía está un poco cambiada, no sería yo si no cambio las recetas y las adapto a mis manías. Esta es mi versión de estos bollitos tiernos, delicados y sabrosos.




Ingredientes
700 g de fariña de forza ( uso Harimsa)
390 g de agua
25 g de leite en po ( se non temos tampouco pasa nada, na receita orixinal non leva)
30 g de manteiga
10 g de sal
20 g de azucre
3 g de levadura seca de panadería (de maizena)

En castellano
Ingredientes
700 g de harina de fuerza (uso Harimsa)
390 g de agua
25 de leche en polvo (si no tenemos tampoco pasa nada, en la receta original no lleva)
30 g de mantequilla
10 g de sal
20 g de azúcar
3 g de levadura seca de panadería (de maizena)





ELABORACIÓN
- Eu fago a masa na panificadora. Primeiro os líquidos, neste caso a auga, logo o sal , o azucre, o leite en po, e a manteiga derretida. A continuación a fariña e a levadura. Amasado de quince minutos.
- Se non temos panificadora, depositamos nun recipiente amplo a fariña, o azucre, o leite en pó e a levadura e mezclamos. A continuación engadimos a auga e a manteiga derretida, e o sal. Mesturamos ben o conxunto, deixamos repousar durante unha media hr e logo amasamos. Para darnos menos traballo, dámoslle pequenos amasados e repousos, así pouco a pouco a masa vai collendo elasticidade. Debe quedar unha masa lisiña.
- Boleamos e deixamos repousar tapada ata que dobre o volume. O tempo dependerá da temperatura ambiente, no verán poden ser dúas hrs e no inverno tres. No que temos que fixarnos é no volume.
- Cando a masa está ben inchada pasámola a unha superficie de traballo e dividímola en pezas de uns 100 g e facemos boliñas (saen 12 pans)
- Depositamos as bolas de masa nunha bandexa de forno (de 42x29) cuberta con papel de forno, sin tocarse, pero que cando medren se xunten (esa é a forma característica deste tipo de pan).
- Cando dobren o volume, o tempo que lle leve volve a depender da temperatura, pode ser hora e media, dúas, tres, depende, metémolos no forno que xa temos quente a 200º  por espacio de 25 min. Antes de metelos no forno podemos pineirarlle unha pouca fariña por encima, que lle dan ese toque propio.
- Coidadiño con eles que igual nin ao conxelador van, un detrás de outro é moi difícil resistirse a estes encantadores boliños.




En castellano
ELABORACIÓN

Yo hago la masa en la panificadora. Primero los líquidos, en este caso el agua, luego la sal , el azúcar, la leche en polvo, y la mantequilla derretida. A continuación la harina y la levadura. Amasado de quince minutos.

- Si no tenemos panificadora, ponemos en un recipiente amplio la harina, el azúcar, la leche en polvo y la levadura y mezclamos, La continuación añadimos el agua y la mantequilla derretida, y la sal. Mezclamos bien el conjunto, dejamos reposar durante una media hr y luego amasamos. Para darnos menos trabajo, le damos pequeños amasados y reposos, así poco a poco la masa va cogiendo elasticidad. Debe quedar una masa lisita.
- Boleamos y dejamos reposar tapada hasta que doble el volumen. El tiempo dependerá de la temperatura ambiente, en verano pueden ser dos hrs y en invierno tres. En lo que tenemos que fijarnos es en el volumen.
- Cuando la masa está bien hinchada la pasamos la una superficie de trabajo y la dividimos en piezas de unos 100 g y hacemos bolitas (salen 12 bollitos)
- Depositamos las bolas de masa en una bandeja de horno(de 42x29)  cubierta con papel de horno, sin tocarse, pero que cuando crezcan se junten (esa es la forma característica de este tipo de pan).
- Cuando doblen el volumen, el tiempo que le leve vuelve a depender de la temperatura, pode ser hora y media, dos, tres, depende, los metimos en el forno que ya tenemos caliente a 200º por espacio de 25 min. Antes de meterlos en el horno podemos tamizarle un poco de harina por encima, que le dan ese toque propio.
- Cuidadito con ellos que igual ni al congelador van, uno detrás de otro es muy difícil resistirse a estos encantadores bollitos.
miércoles, 9 de agosto de 2017

BISCOITO DE TOFFE

BIZCOCHO DE TOFFE

Eu abrín este blogue con toda a ilusión de ser ordenada, de ter tódalas receitas que me gustan ordenadas para volver a facelas cando queira.
Ao principio da miña vida reposteira tiña apuntadas as receitas en folla soltas, desordenadas, lixadas, non anotaba todos os detalles (que ás veces non parecen importantes, pero resulta que cando volves a facela non recordas en que molde ou o tempo que esperaches...). 
Máis tarde abrín unha carpetiña no ordenador e intentaba ser ordenada, adxuntaba unha foto e todo. Despois diso, díxenme, pois podías abrir un blogue coma eses que tanto miras, total xa que a escribes e a gardas nunha carpeta..., e se abres un blogue obrígaste a redactala mellor e coidar máis os detalles. Así o fixen, que ilusión, publicaba cada pouco, anotaba todos os detalles... Diso hai xa oito anos.
A cousa foi evolucionando, e esfórzaste por facer mellores fotos, compras trapiños, vaixela, cubertos..., buscas a mellor luz, vaste esforzando para que luzca cada vez mellor.
Resulta que iso xa non chega, xa non chega a cámara dixital, non, ves por outros blogues unhas fotos espectaculares, e esa cámara dixital xa é cutre, queres esforzarte máis, mellorar. Compras (gastas unha pasta) nunha cámara reflex, compras ata distintos obxetivos.  A cousa vai en aumento, todo son gastos, esforzos para que as receitas luzan mellor. Pero non era para min?  A que vén ese lucimento? 
En oito anos esto cambiou moito, tanto que agora ter un blogue coma este é ata cutre, agora o que se leva é poñer as receitas paso a paso, poñer vídeos, con edicións espectaculares. Parece que se non es un editor audiovisual  xa non es ninguén. 
O caso é que xa cansa, aburre e cada vez que queres poñer unha receita sentes que vives en outra época, que xa non estás actualizada.
Pois dixen que non, porque volvo a ter tódalas receitas en libretas, con mala letra, con  anotaciones, sen detalles, as veces non sei nin onde anotei, non as encontro e non podo volver a repetir aquela receita que tanto me gustou. O que fago moito é poñela na  páxina de facebook para poder recordarla, pero tamén a anoto en plan telegráfico e ás veces non volven a saírme igual porque me faltan esos detalliños tontos, pero que son tan  importantes.

Menuda parrafada para dicir que este espacio é meu, non é fantástico, nin espectacular, nin cuqui, pero é meu, é a miña libreta de receitas e nel vou anotar as miñas cousiñas, porque son importantes e persoais, e os toques persoais que lles dou son moi importantes para min, así que teño que intentar que se acaben as libretas desastre. E se as fotos non son espectaculares, e se o escenario non o é, tenme que dar igual, é a miña receita, comida e probada por min e polos meus e se está aquí é porque nos  gustou moito e imos  querer volver a comela. Eu non saco nada do blogue, non é un negocio. Internet  cambiou moito e agora todo se  convertiu nun negocio, xa non se fai nada por nada. Odio ir a páxinas e que salte publicidade todo o tempo. Agora xa non é nada auténtico. Pois o meu blogue, si.
Esta receita de hoxe é un dos meus inventos,  encantoume e ten que quedar anotada para repetir mil veces e se alguen ten o privilexio de probarla e lle gusta, pois  voume a alegrar moito.
Unhas amigas miñas comentaronme que compraban un biscoito de caramelo que lles gustaba moito, e eu como son de querer contentar a todos os que quero  púxenme mans á obra, no sei se se parece porque o orixinal non o probei, pero podo asegurar que este biscoito é un auténtico primor. Ah! E ás miñas amigas  gustoulles moito.



 En castellano
Yo abrí un blog con toda la ilusión de ser ordenada, de tener todas las recetas que me gustan ordenadas para volver a hacerlas cuando quiera. 
Al principio de mi vida repostera tenía apuntadas las recetas en hojas sueltas, desordenadas, sucias, no anotaba todos los detalles (que a veces no parecen importantes, pero resulta que cuando vuelves a hacerla no te acuerdas en que molde lo hiciste o el tiempo que esperaste...). 
Más tarde hice una carpetita en el ordenador e intentaba ser ordenada, le adjuntaba una foto y todo. Después de eso, me dije, pues podías abrir un blog, total ya las escribes..., y si abres un blog te obligas a redactarlas mejor, a especificar mejor todos los detalles. Así lo hice, que ilusión, publicaba cada poco, anotaba todos los detalles... De eso hace ya ocho años. 
La cosa fue evolucionando, y te esfuerzas por hacer mejores fotos, compras trapitos, vajilla, cubiertos..., buscas la mejor luz, vamos que te vas esforzando para que luzca.
Eso ya no llega, ya no llega la cámara digital, no, ves por otros blogs unas fotos espectaculares, y esa cámara digital ya es cutre, quieres esforzarte más, mejorar. Te compras (te gastas una pasta ) en una cámara réflex, más tarde hasta compras otros objetivos. La cosa va en aumento, todo son gastos, esfuerzos para que las recetas luzcan bien. ¿Pero no era para mi? ¿A que viene ese lucimiento?
Resulta que en ocho años esto ha cambiado tanto que ahora tener un blog como este es hasta cutre, ahora lo que se lleva es poner las recetas paso a paso, poner vídeos, con edición espectacular. Vamos que tenemos que convertirnos en expertos editores audiovisuales.
El caso es que ya cansa, aburre y cada vez que quieres poner una receta sientes ya que vives en otra época, que ya no estás actualizada. 
Pues me he dicho que no, porque vuelvo a tener todas las recetas en libretas, con mala letra, con cuatro anotaciones, sin detalles, a veces no sé ni donde anoté, no las encuentro y no puedo volver a repetir aquella receta que tanto me gustó. Lo que hago mucho es ponerla en la página de facebook para poder recordarla, pero también la anoto en plan telegráfico y a veces no vuelve a salirme igual porque me faltan esos detallitos tontos, pero que son tan  importantes.
Menuda parrafada para decir que este espacio es mío, no es fantástico, ni espectacular, ni cuqui, pero es mío, es mi libreta de recetas y en él voy anotar mis cositas, porque son importantes y personales, y los toques personales que les doy son muy importantes para mi, así que tengo que intentar que se acaben las libretas desastre. Y si las fotos no son espectaculares, y si el escenario no lo es, me tiene que dar igual, es mi receta, comida y probada por mi y por los míos y si está aquí es porque nos ha gustado mucho y vamos a querer volver a comerla. Yo no saco nada del blog, no es un negocio. Internet ha cambiado mucho y ahora todo se ha convertido en negocio, ya no se hace nada por nada. Odio ir a páginas y que salte publicidad todo el tiempo. Ahora ya no es nada auténtico. Pues mi blog, sí.
Esta receta de hoy es uno de mis inventos, me encantó y tiene que quedar anotada para repetir mil veces y si alguien tiene el privilegio de probarla y le gusta, pues me voy a alegrar mucho.
Unas amigas mías me comentaron que compraban un bizcocho de caramelo que les gustaba mucho, y yo como soy de querer contentar a todos los que quiero me puse manos a la obra, no sé si se parece porque el original no lo probé, pero puedo asegurar que este bizcocho es un auténtico primor. Ah! Y a mis amigas les gustó mucho.


INGREDIENTES
Para o toffe
250 de azucre
Auga (que molle o azucre)
200 ml de nata quente
50 g de manteiga
Para o biscoito
250 g de manteiga
5 ovos
140 g de azucre
20 g de concentrado de toffe
1 culleradiña de concentrado de vainilla
100 g de nata.
100 de queixo crema
450 g de fariña
6 g de royal
4 g de bicarbonato
pizca de sal
Todo o toffe (saen arredor de 325 g)
Podemos poñerlle unhas noces ( cantidade a gusto, uns 150 g)

En castellano
INGREDIENTES
Para el toffe
250 de azúcar
Agua (que moje el azúcar)
200 ml de nata caliente
50 g de mantequilla
Para el bizcocho
250 g de mantequilla
5 huevos
140 g de azúcar
20 g de concentrado de toffe
1 cucharadita de concentrado de vainilla
100 g de nata.
100 de queso crema
450 g de harina
6 g de royal
4 g de bicarbonato
pizca de sal
Todo el toffe (salen alrededor de 325 g)
Podemos ponerle unas nueces ( cantidad a gusto, unos 150 g)

ELABORACIÓN

O toffe
- Mollamos o azucre cun pouco de auga e quentamos ata que se vaia poñendo louro, coidado porque se nos pasamos é amargo, chéganos con que estea douradiño.
- Cando adquira a cor dourada, engadimos a nata quente. Coidado porque pode saltar, o caramelo está moi quente e o contraste pode facer que salte. Engadímolo aos poucos, por iso debe estar a nata quente para que o contraste sexa menos. Mesturamos ben e engadimos a manteiga.
- Volvemos á calor e removemos constantemente ata que espese ( eu póñoo no 4 de 9), uns cinco minutos.
- Deixamos arrefriar e reservamos, si somos capaces de non comérnolo a culleradas e non temos que facer outro.

O biscoito
- Derretemos a manteiga e deixamos que arrefríe.
- Batemos os ovos co azucre ata que queden escumosos.
- Engadimos os concentrados de toffe e de vainilla e seguimos batendo.
- Incorporamos a nata e o queixo, batemos. Seguir incorporando o toffe e seguir mesturando.
- Engadimos a fariña, o royal, o bicarbonato e a pizca de sal. Batemos ben.
- Só queda engadir a manteiga e mesturar ben todo o conxunto.
- Dálle un toque moi bo poñerlle unhas noces.
- A masa é bastante densa.
- Introducimos a masa nun molde cuberto con papel de fornear ou enmanteigado e enfariñado.
- Métese no forno quente a 180º durante unha hora.
- Queda un biscoito moi esponxado.





En castellano
ELABORACIÓN
El toffe
- Mojamos el azúcar con un poco de agua y calentamos hasta que se vaya poniendo rubio, cuidado porque si nos pasamos es amargo, nos llega con que esté doradito.
- Cuando adquiera el color dorado, añadimos la nata caliente. Cuidado porque puede saltar, el caramelo está muy caliente y el contraste puede hacer que salte. Lo añadimos poco a poco, por eso debe estar la nata caliente para que el contraste sea menos. Mezclamos bien y añadimos la mantequilla.
- Volvemos al calor y removemos constantemente hasta que espese ( yo lo pongo en el 4 de 9), unos cinco minutos.
- Dejamos enfriar y reservamos, si somos capaces de no comérnoslo a cucharadas y no tenemos que hacer otro.

El bizcocho
- Derretimos la mantequilla y dejamos que enfríe.
- Batimos los huevos con el azúcar hasta que queden espumosos.
- Añadimos los concentrados de toffe y de vainilla y seguimos batiendo.
- Incorporamos la nata y el queso, batimos. Seguir incorporando el toffe y seguir mezclando.
- Añadimos la harina, el royal, el bicarbonato y la pizca de sal. Batimos bien.
- Solo queda añadir la mantequilla y mezclar bien todo el conjunto.
- Le da un toque muy bueno ponerle unas nueces.
- La masa es bastante densa.
- Introducimos la masa en un molde cubierto con papel de hornear o enmantequillado y enharinado.
- Se mete en el horno caliente a 180º durante una hora.
- Queda un bizcocho de lo más esponjoso.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...